UNHA BUFANDA DE LETRAS ABRÍGATE CONTRA A IGNORANCIA

O EDL PROPUXO FACER CON XORNAIS UNHA GRAN BUFANDA QUE RODEASE O COLEXIO  E ASÍ RESALTAR A IMPORTANCIA DA PRENSA PARA UN MELLOR COÑECEMENTO DO NOSO MUNDO. AÍNDA QUE A PRENSA É UN MEDIO UTILIZADO CON ASIDUIDADE NA NOSA ESCOLA, QUIXEMOS DESTACALO ESPECIALMENTE NA SEMANA DA PRENSA ESCOLAR.

AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS DESTA EXPERIENCIA MOTIVADORA.

VOTACIÓN PARA ELEXIR O NOME DO GATO 

No curso 2010-11, o Equipo de Dinamización  Lingüística propuxo que un gran gato nos faga  de mascota do  Equipo e vaia pedindo aos alumnos/as actividades durante o curso.

Cando xa tiñamos ao noso gato presidindo a entrada ao colexio decidimos que o noso alumnado elexise o seu nome mediante unha actividade de concienciación democrática: a votación libre dos nenos e nenas.

Pedimos aos alumnos de 6º que organizasen as listas do censo electoral e a composición das mesas.

ESTE É O RELATO E AS FOTOS DA EXPERIENCIA QUE VIVIRON

O venres 12 de novembro foron as votacións para asignarlle o nome ao gato.Durante toda a semana anterior estivemos preparando carteis e deixamos o colexio empapelado de propaganda.

Cando tocou o timbre do recreo esa mañá, baixamos ao vestíbulo e os responsables sentámonos detrás das urnas. Había tres urnas: unha para o primeiro ciclo, outra para o segundo e outra para o terceiro. Cada ciclo tiña tres persoass encargadas: un presidente, un vogal e un secretario.

Foi entón cando os demais alumnos empezaron a baixar e fixeron cola ata que o local quedou cheo.

Os nomes que había para escoller, despois de moitas e variadas propostas eran: Michiño, Pintas, Raspas e Larpeiro. OS NENOS E NENAS ESTABAN ANSIOSOS/AS POR VOTAR!

A votación foi emocionante e divertida. Finalmente gañou Michiño  por unha gran maioría.

AQUI ESTÁN OS VOTOS. 

DECIDINDO QUE NOME ESCOLLER.

COMO VEDES HOUBO MOITÍSIMA PARTICIPACIÓN.

FACENDO O RECONTO DOS VOTOS EMITIDOS. ASI QUEDARON AS ACTAS.

XA TEMOS AO NOSO GATO MOI CONTENTO CO SEU NOME!

Despois de firmadas e expostas a toda a comunidade escolar as actas do escrutinio, arrincamos os carteis de publicidade que enchían a colexio e anunciamos polas clases o nome gañador. Por último colgamos carteis novos co nome de Michiño e cunha foto en cada cartel.

Todo O COLEXIO nos sentimos moi orgullosos de vivir esta experiencia.

 

 O marro, o brilé, as tabas, as chapas, os carozos, pase misí, escondite inglés, a goma, os fíos, o cacho...

Un ano máis o Equipo de Dinamización Lingüística organiza unhas xornadas de xogos populares.

Este curso contamos coa colaboración especial do alumnado de 6º. Fixeron un traballo fantástico!! Moitas grazas!!

Organizáronse por grupos, prepararon cadanseu xogo (material, normas, carteis...) e fixeron de monitores e monitoras dos seus compañeiros de colexio.

Así o día que puxemos para xogar, eles mesmos se encargaban de explicarlles a todos cómo tiñan que facer e foron os responsables de que todo saíse tan ben como saíu. Agora a ver se continúa a práctica.

Aquí tedes unha mostra da xornada, se queredes ver máis fotos ide á galería.

 

Responder

  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.

Más información sobre opciones de formato

Inicio de sesión