Skip to Content

Contidos

Imaxes libres

WEBS DE IMAXES SEN DEREITOS DE AUTOR

- A maioría das imaxes en internet non poden ser publicadas porque teñen dereitos de autor (copyright).

- Hai outras que son libres e que podes empregar pero tes que atribuír autoría, ou sexa, tes que escribir un enlace que aparece xunto á foto para que se saiba quen é o autor.

- Cando non atopes o que buscas proba a escribir a palabra en inglés.

- Fíxate ben se a imaxe ten todos os dereitos reservados ou podes usala con atribución.

 

BANCOS DE IMAXES LIBRES

1.- Banco de imaxes e sons do INTEF: Enlace

Páxina do Ministerio de Educación. Podes usar calquera imaxe ou son e podes modificar. Atribuír autoría.

 

2.- Wikimedia Commons: Enlace

Repositorio de imaxes, sons e vídeos libres. Se non atopas nada proba a escribir a palabra en inglés. Atribuír autoría.

 

3.- Mediateca - EducaMadrid: Enlace

Páxina da Consejería de Educación de Madrid. Atribuír autoría.

 
 

5.- Pics4learning: Enlace

Librería de imaxes pensada para uso de estudantes e profesores nos seus proxectos educativos. Non é necesario atribuír autoría.

 

6.- Unsplash: Enlace

Páxina con coleccións de imaxes gratuítas que podes modificar. Agradecen que atribúas autoría.

 

7.- Pexels: Enlace

Páxina con coleccións de imaxes gratuítas que podes modificar. Agradecen que atribúas autoría.

 

8.-Pixabay: Enlace

 

9.- Morguefile: Enlace

Páxina con coleccións de imaxes gratuítas que podes modificar. Agradecen que atribúas autoría. (Tes o nome da persoa autora da foto á dereita na parte superior debaixo dun icono circular).

 

Charla Abalar 2016

XUNTOS APRENDEMOS MÁIS E MELLOR

ABALAR 2016

O luns o alumnado de 5º contou cunhas mestras e cun mestre de excepción.

Diana, Gabriela, Lucía e Noah de 6º acudiron ás aulas de 5º para compartir a súa experiencia no traballo co equipamento Abalar, especialmente cos ultraportátiles.

Fixeron un traballo excelente que, sen dúbida, será de utilidade ao alumnado que inicia a súa andaina no Proxecto Abalar.

Cursos mecanografía

Tes dez dedos nas mans e só usas dous para escribir no teclado? Pon fin a isto aprendendo un pouco de mecanografía. A continuación tes varios cursos cos que podes aprender a usar o teclado.

http://www.vedoque.com/juegos/mecano/

Curso dividido en 6 leccións e que conta con xogos para mellorar as túas habilidades mecanográficas. (Para infantil e primaria).

http://www.cursomecanet.com/mecanografia/teclado.html

Curso constituído por dúas leccións que van incrementando o nivel de dificultade. Tamén ten xogos interactivos online e exames cronometrados.

http://www.artypist.com/es/mecanografia/indice

Portal web para aprender e mellorar as habilidades mecanográficas.

http://www.mecanografia-online.com/ES/Aspx/Start.aspx

Portal web para aprender e practicar mecanografía.

Navega con rumbo 2013

PLAN NAVEGA CON RUMBO

 

O martes 19 de febreiro de 2013 realizouse unha charla no centro escolar dentro do Plan Navega con Rumbo. Esta actividade, á que asistiu o alumnado de 4º, 5º e 6º, está encamiñada a que os escolares naveguen pola Rede con maior seguridade coñecendo e evitando os riscos de internet.

 

 

Este Plan inclúe tamén unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais que podedes consultar premendo nas imaxes.

 

        
         
   Guía de nais e pais      Guía do alumnado     Guía do profesorado

Libre Office

LIBRE OFFICE

 

Os ultraportátiles Abalar teñen instalado o paquete ofimático de software libre: LibreOffice. Se alguén desexa instalar esta suite no seu ordenador de casa pode descargala gratuítamente na páxina oficial.

 Nesta páxina, tamén existe a opción de descargar un portable para poder usar os programas sen necesidade de instalalos en ningún ordenador.

 

Para acceder á páxina de descargas premer na imaxe.

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut