Skip to Content

Saidas didácticas

Quiñones de León

No día de hoxe, o alumnado de 5º visitou o pazo Quiñones de León onde o profesorado da Escola de Música Municipal de Vigo nos deleitou con unha ruta guiada cargada de historia e música de diferentes estilos. 

O salón coa súa escaleira de estilo inglés, a cociña de diario, a biblioteca e o gran comedor foron algúns dos espazos onde sonaron pezas clásicas de Beethoven e  Schubert, ou outras máis modernas como o o Inspector Gadget ou a Familia Adams.

Como remate da visita houbo un pequeno paseo polos xardíns do pazo.

Escola Municipal De Música De Vigo | Esmuvigo | Vigo

Visita a Apípolis

O venres 22 de abril o alumnado de 3º e 5º fixo unha saída a Apípolis para celebrar a chegada da primavera.
Alí puideron participar en distintas actividades relacionadas co mundo apícola, tales como: visitar un apiario, cociñar bolachas de mel, facer unha candea con cera e facer un percorrido guiado por unha pequena exposición sobre as abellas e as súas curiosidades.
Tivemos un tempo marabilloso e foi unha experiencia estupenda!

Xornada de escalada

No día de hoxe, o alumnado de quinto e sexto de primaria visitaron as instalacións deportivas da Universidade de Vigo para coñecer a unha escaladora viguesa que actualmente é campiona de Galicia por quinta vez e subcampiona de España: Araceli Vale. O alumnado coñeceu da man de Araceli, o material necesario para a práctica deste deporte e achegounos á competición deportiva desta disciplina olímpica.

 

 

Obradoiro primeiros auxilios 6º - 2023

O martes, 21 de marzo, o alumnado de 6º visitou o IES Álvaro Cunqueiro, xunto cos compañeiros do CEIP Balaidos e o CEIP Escultor Acuña.
Nesta xornada asistiron a unha actividade de primeiros auxilios desenvolvida polo alumnado de 1º de Bacharelato e coordinada polo profesorado de Educación  Física. 
Realizaron, tamén, unha visita guiada por todas as instalacións do instituto, primeira toma de contacto co seu novo centro.

Visita a exposición de Arte Cubano de 6º nivel

 

O alumnado de sexto nivel, no mes de outubro, visitou a sala de exposicións de Afundación, coa exposición de Arte Cubana, e recibir un obradoiro de STEAM sobre iniciación a programación.

Pasámolo xenial afondando na cultura cubana!!

Excursión Cíes 6º Primaria

Onte o alumnado de 6º de Primaria fixemos unha excursión moi especial, seguindo a luz que estivemos traballando ao longo do curso dos Faros das Illas Cíes.

Fixemos unha ruta ata o faro do Monte do faro na que puidemos escoitar as explicacións das guías que nos acompañaron no traxecto.

Despois deunos tempo a seguir gozando, nas augas e na illa paradisíaca.

Pasámolo fenomenal con estes mozos e mozas tan xeniais!

Visita ao Nautilus

Hoxe tivemos a sorte de poder gozar cunha actividade moi interesante.

Subimos ao bordo do Nautilus, onde nos explicaron con entusiasmo a riqueza dos fondos mariños da Ría de Vigo, vimos nun microscopio o plancton e cun robot chamado Nemo  puidemos ver as bateas, o seu fondo e barcos afundidos na batalla de Rande.

Explicáronnos o funcionamento das bateas e ata tivemos tempo de poder ver como unha familia de golfiños saltaba ao nosos carón.

Visita da escritora Fina Casalderrey

Hoxe tivemos a honra de contar no cole cunha visita moi especial, a da escritora galega Fina Casalderrey. Estivo cos lectores e lectoras de 6º B para contarnos as súas experiencias co libro " O  misterio do Faro Vello" que limos na clase e para emocionarnos coas súas sinxelas e belas palabras.

Grazas por este momento tan máxico e que sempre nos ilusione seguir a luz das verbas!

Museo do mar 5º

 

O mércores 20 de abril, visitamos o alumnado de 5º nivel, o Museo do Mar, para afondar nos coñecementos das técnicas de pesca. Ademais das explicacións, fixemos un obradoiro para construír unha “raña” para capturar o saboroso polbo galego.

Obradoiro artes de pesca do alumnado de 6º

Hoxe os alumnos e alumnas de 6º acudimos a un obradoiro no Museo do Mar. Nel, explicáronnos as distintas artes de pesca e ata puidemos construir un coas nosas propias mans.

Coñecendo o mar, coñecerémonos mellor!

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut