Skip to Content

Letras Galegas

Festival Día das Letras Galegas 2024

Na véspera do Día das Letras Galegas celebramos o noso festival, presentado maxistralmente por nenas e nenos de 6ºA, onde o alumnado e nais e pais amosaron o seu talento en forma de cancións, bailes, teatro, ioga, poesía e actuacións musicais diversas. O público desfrutou e aplaudiu a rabiar. Deixámosvos unha pinga dese talento no álbum da galería fotográfica dos grupos que actuaron e do alumnado que fixo os honores coa presentación.

Feliz Día das Letras Galegas a todas as familias do noso colexio!

O IES fálanos de Villalta

Hoxe o alumnado de sexto tivo a sorte de poder asistir a unha charla expositiva por parte das alumnas Nora e Julia de bacharelato do IES Alvaro Cunqueiro sobre Luísa Villalta.

Moitas grazas por compartir a vosa labor.

Luísa Villalta

Festival das letras galegas 2023

Actividades da Semana das Letras Galegas 2022

Durante esta semana desfrutamos de diversas actividades encamiñadas a coñecer e difundir a vida e obra do persoeiro homenaxeado este ano (Florencio Manuel Delgado Gurriarán) e outras relacionadas co noso proxecto de centro (Ecofaros).

-Exposición de poesías de Florencio Delgado

Achégate ao exterior do noso recinto escolar e goza dos barcos e faros que transportan poemas deste autor. Esta actividade realízase en colaboración co IES Álvaro Cunqueiro.

-Charla sobre a vida e obra de Florencio Delgado

Alumnado do IES Álvaro Cunqueiro achegouse ao noso centro para impartir unha charla sobre o autor homenaxeado ao alumnado de 6º.

 

-Podcast sobre Florencio Delgado

O alumnado de 6ºB elaborou este podcast para un programa especial de Radio Celio. Enlace ao podcast

 

-Exposición de maquetas de faros

O vestíbulo do centro encheuse de cor coas maquetas de faros achegadas polas familias e outras elaboradas nas aulas. Grazas a todas as persoas que colaboraron nesta actividade.

-Audios sobre os faros do proxecto de centro

Letras Galegas 2021

Xela Arias na rúa

Como todos os anos pòr estas datas, realizamos no centro numerosas actividades coa finalidade de dar a coñecer á persoa galardoada. 

Este curso, e en colaboración co instituto, sacamos á rúa as verbas de Xela Arias a través dun tendal que ocupa todo o valado do centro. Aquí podedes ver un pequeno video do noso traballo de divulgación.

 

 

XelaArias from Alejandra Pereira on Vimeo.

Escolma de Rosalía de Castro.

Para comezar este mes de maio galego, na clase de 5º B quixemos recoller poemas da nosa Rosalía para poñelos na voz do alumnado.

Gozade con elas!

Ricardo Carvalho Calero

Continuando coas homenaxes ao autor galardoado este ano, achegamos este comic de Lucía (6º A) baseado na personaxe de Snoopy para coñecer un pouco máis de Carvalho Calero. Disfrutádeo!

LETRAS GALEGAS 2020

Día das Letras Galegas

Ricardo Carvalho Calero

A conmemoración do Día das Letras Galegas deste ano 2020, ano do confinamento, vai adicada ao escritor, filólogo e lingüista Ricardo Carvalho Calero.

Nado na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910, foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela.

Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro, así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.

Para aprender máis sobre o autor, deixámosche as seguintes ligazóns: 

Xogos de fuga para o alumnado

 

Xogos de fuga para o alumnado

Xogos de fuga para o alumnado

 

-O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero: elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) e Ana Sánchez Sanmartín (CEIP Arquitecto Casas Novoa) 

 

-Letras Galegas 2020. Ricardo Carvalho Calero: elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) 

 

-Xogo Letras galegas 2020: Carvalho Calero da profesora Patricia Sánchez Lamas.

 

Ligazón á fiestra de Patricia para saber un pouquiño máis

 

 

Teatro de sombras

TEATRO DE SOMBRAS

O martes puidemos gozar coa obra que montaron os alumnos e alumnas de San Rafael e que viñeron a mostrarnos.
Podemos asegurar que co teatro de sombras os nenos e nenas pasárono estupendamente.

 

Ver fotos na galería fotográfica

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut