Skip to Content

Entroido

Festival Entroido Olímpico 2024

Preparados, listos, xa!

As delegacións de cada nivel desfilaron amosando os seus disfraces olímpicos, amenizaron ao público coas súas coreografías e procedeuse á clausura destas olimpíadas entroidescas coa lectura das acusacións e o xuízo ao Meco que, grazas ao temporal, se librou da queima.

Non faltaron os doces típìcos desta celebración achegados polas familias para a súa degustación. Agradecemos a vosa colaboración na organización do festival e a achega de doces.

E tampouco faltou o posado no noso photocall: enlace á galería fotográfica

Viva o Entroido! Festa rachada!

Meco luns

Festival

ENTROIDANDO NA REDE!

Non puideches connosco, Meco!

Nin a chuvia, nin as obras do pavillón, nin ese virus que nos mandaches conseguiron acabar coa nosa ilusión e creatividade!

Non houbo desfile pero si música e coreografías con todas as medidas de seguridade para celebrar este Entroido virtual que queremos compartir con toda a comunidade educativa.

E purgarás as túas falcatruadas no lume, Meco malvado! Arderás e as túas cinzas voarán polo mundo adiante ata o próximo Entroido.

Viva o Entroido! Festa rachada!!!

 

Xoves de Entroido

Bechos e insectos acudiron ao cole... preparádevos porque mañá unha festa será!

Lembrade non traer obxectos e accesorios que nos quitemos, xa que non axudan a prevención do contaxio do virus.

Viva o Entroido!

Mércores de Entroido

Hoxe o cole estivo fermoso...mañá o poñeremos cheo de bechos e insectos!

O Meco dí o luns....

Lembrade mañá,martes,  vir de cociñeiros ou cociñeiras....

Benvida do Meco

Xa chegou o día tan esperado por todos e todas!

O Meco xa está no cole e este curso deixaranos todos os días a súa mensaxe na páxina para que saibamos as súas ordes.

Comeza o tempo de troula asi que xa sabedes, facerlle caso e imos divertirnos...con sentidiño!

 

Entroido

ENTROIDO 2020

Benvido o Entroido cos seus disfraces, desfiles, bailes e, como non, o malvado Meco que no parou de amolarnos toda a semana.

Este ano o Meco materializouse nun símbolo do noso proxecto sobre a sostibilidade e, a pesares das peticións de que fose queimado, acabou no contedor de reciclaxe. Como cambian os tempos!

Tras o desfile tocaba repoñer forzas cos postres típicos destas datas achegados polas familias e o chouripán preparado pola ANPA. Moitas grazas a todas as persoas que colaborastes nesta celebración.

Viva o Entroido! Festa rachada!

Ver fotos na galería fotográfica

Entroido

UN ENTROIDO CON PEGADA - 2019

Chegou o día do festival de Entroido tras aguantar as falcatruadas do Meco que, agochado tras unha máscara do pintor Dalí, dedicouse a mandar e amolar durante toda a semana. Pero antes do desfile tocaba coller forzas cun chouripán organizado pola ANPA.

E desfilaron e bailaron a ritmo de música disfrazados de  homes e mulleres con pegada que representaban personaxes ou temáticas relacionados co proxecto de centro.

Finalizamos coas acusacións antes de que ese condanado Meco volvese a converterse en cinzas que viaxarán co vento ata que o próximo Entroido retornen para reencarnar a un novo Meco.

Viva o Entroido! Festa rachada!

 Ver fotos

Entroido 2018

O ENTROIDO DA RECONQUISTA

Febreiro, febreiriño, tráenos un bo Entroidiño!

E comezou, coma sempre, o Meco que nos trouxo de cabeza cos seus...MANDADOS!!!

Coma sempre cumprimos espectacularmente as súas ordes.

Ver fotos

 

E o Meco, querendo amolar ata o último momento, conxurouse cos elementos para traernos unha chuvia persistente á que o noso alumnado plantou cara saíndo a desfilar polas rúas do barrio ante a atenta mirada das súas familias e demais veciños e veciñas que tomaron connosco as rúas.

E desfilaron os distintos gremios da época da Reconquista (verduleiros, cesteiros, xente do mar, canteiros e cantineiros) escoltados polo exército francés, a pé e a cabalo.

E, á volta, a repoñer forzas e facer as acusacións ao Meco que, como non podía ser doutro xeito, acabou na fogueira e as súas cinzas voarán polo mundo adiante ata que no próximo entroido volva renacer...

*Moitas grazas a todas as persoas que colaborastes para que esta celebración fose posible.

Viva o Entroido! Festa rachada!

Ver as fotos

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut