Skip to Content

Día da Paz

Día da Paz 2023

Para conmemorar o Día da Paz deseñamos e desenvolvimos varias actividades interdisciplinares nas aulas.

Dende a clase de música escolleuse a canción Your tribe speaks English para traballar unha coreografía de percusión corporal que ensaiaron en música e nas diferentes titorías e dende a clase de inglés traballouse o significado da letra e a mensaxe que trae implícita. O luns 30 saímos todo o colexio ao patio para cantar e danzar formando as letras do lema Vivamos a Paz.

Así mesmo, decoramos o centro con pombas feitas con técnicas de papiroflexia e a entrada do cole encheuse de postais do refraneiro con mensaxes de paz.

Danzamos, cantamos e, sobre todo, animamos ao alumnado a pensar e a reflexionar.

Preme na imaxe para ver máis fotos

Día da Paz

Hoxe celebramos o Día da Paz e da non violencia no centro. Durante a semana creamos o mural das "Doce sinais de paz", representadas por doce faros feitos por cada curso que simbolizan a luz que nos guía.

No patio formamos un círculo e cantamos a canción de David Rees "De ellos aprendí". Por un mundo sen violencia!

2021

DÍA DA PAZ

O venres 29 de xaneiro festexamos o Día da Paz e da non violencia no centro. Durante toda a semana decoramos as nosas mans para saír con elas en alto ao patio, a cantar a canción de Vivan as mans de cores de Happening. Ese día, durante o plan lector, os nenos e nenas de 1ºA e B leron pola radio un diálogo referido á PAZ.

Ver fotos

2020

Día da Paz

O pasado xoves festexamos o Día da Paz e da non violencia no centro. Durante toda a semana preparamos un mural cos ingredientes para a Paz: o xoves pola mañá colocamos uns pictogramas que nos preparou a Anpa Moraima para mellorar a accesibilidade da escola; na hora de ler, cantamos a canción de Macaco Mensajes del agua. Por unha vida chea de non violencia!

Ver fotos na galería fotográfica

Día da Paz 2014

DÍA DA PAZ 2014

Xa celebramos a Festividade da Paz, e aquí tedes todas as fotos onde podedes ver que fixemos un Horto da Paz moi colorido e que está relacionado co proxecto do noso centro: O Horto Escolar, onde cada un dos nenos e nenas do noso colexio, plantou o seu froito.

Podedes ver nas fotos que somos unha marea de xente gozando deste día, tal e como di a canción de Macaco Mensaje del agua, que eliximos.    
Ademais tivemos a visita dos nenos e nenas de 5 anos da EEI Cristo da Victoria, que o curso que vén estarán connosco.

Ver fotos

Día da Paz-Interculturalidade

A INTERCULTURALIDADE NO DÍA DA PAZ

ALIMENTOS DO MUNDO

 

O alumnado de 6ºB achéganos o traballo desenvolvido para a conmemoración do día 30 de xaneiro. Atendendo á multiculturalidade presente na súa aula organizáronse en catro grupos para investigar sobre o país dalgún dos compañeiros e compañeiras. Presentámosvos o traballo sobre Bulgaria.

 

 

Podedes ver os demais traballos no blog das aulas Abalar:

http://oscelsos.blogspot.com.es/

Día da Paz 2013

DÍA ESCOLAR DA PAZ


               A árbore que preside a entrada do colexio encheuse de Pombas da Paz portadoras de mensaxes positivas escritas polo noso alumnado. O venres, día 1 de febreiro, realizamos un acto simbólico formando entre todos unha cadea humana no patio e cantando a canción Xogos olímpicos. Viches que chulas nos quedaron as camisetas que estampamos nas clases coa palabra PAZ e cunha man como símbolo da unidade entre as persoas?

Preme na imaxe para ver as fotos da celebración.

 

 

Por que o 30 de xaneiro?
 
Sabes por que se celebra o Día Escolar da Paz o 30 de xaneiro? Porque ese día se conmemora a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, que foi asasinado a tiros por un fanático hinduísta o 30 de xaneiro de 1948.
 
Dina e Diego de 4º B achégannos unha presentación sobre este líder da non-violencia.
 

Amfiv-Día da Paz

 UNHA EXPERIENCIA SOBRE RODAS

 

O venres 25 de xaneiro, dentro das actividades para o Día da Paz, recibimos a visita de varios xogadores do Club de baloncesto sobre rodas Amfiv que nos fixeron unha demostración das súas habilidades deportivas e nos brindaron a oportunidade de vivir unha experiencia moi enriquecedora.

 

Tras asistir como público a un emocionante partido, mentras que o seu director deportivo contestaba amablemente a todas as nosas preguntas e nos comentaba aspectos importantes sobre a práctica deste deporte, chegou o noso momento: convertímonos en xogadores e comprobamos o que significa moverse cunha cadeira de rodas e ver o mundo desde outra perspectiva. Non foi doado pero con esforzo e ilusión superamos o reto!

 

O noso agradecemento ao Club Amfiv por visitar o noso centro e converter este venres de cole nun día inesquecible.

 

Ver fotos

 Se queres saber máis sobre a integración a través do deporte preme na imaxe e accederás a páxina oficial deste clube.

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut