Skip to Content

Actividades da Semana das Letras Galegas 2022

Durante esta semana desfrutamos de diversas actividades encamiñadas a coñecer e difundir a vida e obra do persoeiro homenaxeado este ano (Florencio Manuel Delgado Gurriarán) e outras relacionadas co noso proxecto de centro (Ecofaros).

-Exposición de poesías de Florencio Delgado

Achégate ao exterior do noso recinto escolar e goza dos barcos e faros que transportan poemas deste autor. Esta actividade realízase en colaboración co IES Álvaro Cunqueiro.

-Charla sobre a vida e obra de Florencio Delgado

Alumnado do IES Álvaro Cunqueiro achegouse ao noso centro para impartir unha charla sobre o autor homenaxeado ao alumnado de 6º.

 

-Podcast sobre Florencio Delgado

O alumnado de 6ºB elaborou este podcast para un programa especial de Radio Celio. Enlace ao podcast

 

-Exposición de maquetas de faros

O vestíbulo do centro encheuse de cor coas maquetas de faros achegadas polas familias e outras elaboradas nas aulas. Grazas a todas as persoas que colaboraron nesta actividade.

-Audios sobre os faros do proxecto de centro



Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

page | by Dr. Radut