Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2020

Día das Letras Galegas

Ricardo Carvalho Calero

A conmemoración do Día das Letras Galegas deste ano 2020, ano do confinamento, vai adicada ao escritor, filólogo e lingüista Ricardo Carvalho Calero.

Nado na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910, foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela.

Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro, así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.

Para aprender máis sobre o autor, deixámosche as seguintes ligazóns: 

Xogos de fuga para o alumnado

 



Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

page | by Dr. Radut