Dámosvos unha afectuosa benvida a este curso 2022-2023 e agardamos que puiderades descansar e desfrutar das vacacións.
O vindeiro xoves, 8 de setembro, iniciamos un curso que nos seus protocolos aseméllanse aos anos previos á pandemia. Á espera dalgunha comunicación oficial seguiranse mantendo medidas de carácter xeral vixentes (uso obrigatorio de mascarillas no transporte escolar, adecuada ventilación, recomendación do uso de mascarilla nos casos sospeitosos ou confirmados da COVID 19, así como contactos estreitos de positivos…).
|
HORARIO XOVES, 8 DE SETEMBRO
|
NIVEL
|
PORTAS PATIO CUBERTO
|
HORA DE ENTRADA
|
HORA DE SAÍDA
|
1º
|
PORTA A
|
10.00 H
|
14.00 H
|
2º
|
PORTA A
|
9.30 H
|
14.00 H
|
3º
|
PORTA B
|
9.00 H
|
14.00 H
|
4º
|
PORTA B
|
9.00 H
|
14.00 H
|
5º
|
PORTA B
|
9.00 H
|
14.00 H
|
6º
|
PORTA A
|
9.00 H
|
14.00 H
|
*Poderase acceder ao centro pola porta da rúa Porriño ou pola porta da Av. Castelao.
*As portas A e B (a porta B está na zona biblioteca) corresponden aos patios cubertos e estarán sinalizadas cun cartel.
*Listaxes alumnado: expostas nos patios cubertos.
- Horario alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º: de 9.00 h a 14.00 h. - Horario alumnado de 2º: de 9.30 h a 14.00 h. - Horario alumnado de 1º: de 10.00 a 14.00 h.
Farase unha pequena xuntanza de benvida coas familias do alumnado de 1º ás 10 horas no Salón de Actos.
SERVIZO DE COMEDOR E TRANSPORTE
-Funcionará dende o primeiro día.
HORARIO RECOLLIDA NO COMEDOR ESCOLAR
|
1ª SAÍDA
|
Ás 15.15 h.
|
2ª SAÍDA
|
Dende as 15.45 h. ata as 16.00 h.
|
LIBROS E MATERIAL
NIVEL
|
MATERIAL 1º DÍA
|
1º
|
Estoxo con lapis, goma e afialapis.Caixa de ceras duras
|
2º
|
Material escolar SEN LIBROS DE TEXTO
|
3º
|
Material escolar SEN LIBROS DE TEXTO
|
4º
|
Material escolar SEN LIBROS DE TEXTO
|
5º
|
Material escolar SEN LIBROS DE TEXTO
|
6º
|
Material escolar SEN LIBROS DE TEXTO
|
|
As familias deberán seguir a planificación que indiquen as titoras/es para que o alumnado vaia traendo os libros de texto á escola de xeito escalonado.
ENTREGA LIBROS DO FONDO SOLIDARIO
- 4º e 6º: o martes 13 de setembro pola tarde (convocarán as titoras).
- 3º e 5º: non foron suministrados de momento polas editoriais. Cada titora informará cando estean dispoñibles.
Desexámosvos un feliz curso!!!!