Skip to Content

Actividades nas aulas

Judo

ACTIVIDADE DE JUDO 2017

A segunda semana do curso acompañounos Aarón, monitor de judo, nas clases de E. física. Foron unhas sesión magníficas: reviravoltas, técnicas, pequenas tretas,…

Os nenos quedaron encantados e piden repetir nos vindeiros cursos.
Grazas, Aarón.

Ver fotos

Conto colaboratorio 2017

CONTO COLABORATIVO

AS AVENTURAS DOS ANIMAIS DE CELIO GRANXEIRO

Durante este curso elaboramos de xeito colaborativo entre todas as aulas do colexio un conto sobre os animais da granxa ao que titulamos: As aventuras dos animais de Celio granxeiro.

Agardamos que vos guste e que participedes tamén del...

Graduación 2017

GRADUACIÓN E ENTREGA

DE AGASALLOS E MEDALLAS 2017

Remata o curso! Nervios, notas, agradecementos, premios e graduación!

Como antesala da despedida do alumnado de 6º tivemos a nosa habitual entrega de agasallos ao alumnado que axudou na biblioteca e na mediación, ademais da entrega de medallas aos gañadores no torneo de badminton.

Graduámonos!!! Todos en ringleira cara ao salón de actos da parroquia do Cristo da Victoria para a gran cerimonia coa asistencia dos compañeiros de 3º, 4º e 5º e das familias dos graduandos.

Entrega de diplomas e orlas e actuacións do alumnado de 5º e 6º, vídeo coas fotos do curso de todo o alumnado, presentación de fotos do alumnado de 6º elaborado pola ANPA e vídeo sorpresa realizado polo alumnado de 6º. Unha chea de actuacións que conseguiron entreter e emocionar a un público entregado!

 

 

OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA ESTA NOVA ETAPA QUE IDES INICIAR EN SETEMBRO!!!

ATA SEMPRE!

Ver fotos na galería fotográfica

Exposición instrumentos musicais

EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS MUSICAIS
Os nenos e nenas do cole, para a asignatura de Música, construíron con material de reciclaxe diferentes instrumentos musicais por niveis. Para a súa construción, contaron coa inestimable colaboración dos titores e dos profes de Plástica. Moitísimas grazas pola vosa axuda!!.
 

Os instrumentos construidos foron:

- En primeiro nivel: maracas.
- En segundo nivel: tambores.
- En terceiro nivel: globos sonoros.
- En cuarto nivel: raquetas sonotas.
- En quinto nivel: flautas de Pan.
- En sexto nivel: arpas.

Aproveitamos para dicirvos que estes instrumentos musicais están expostos na entrada do colexio ata fin de curso.

 

Ver fotos na galería fotográfica

Os músicos de 4º

TEATRO MUSICAL

OS MÚSICOS DE 4º

O mércores 7 de xuño, fixemos a dramatización da obra teatral de creación propia dos alumnos de 4º A e 4º B. Foi unha versión do libro Os músicos de Bremen. Contamos coa colaboracion de Sergio, pai de Celia, que seleccionou as distintas pezas musicais do noso teatro musical. Foi unha experiencia gratificante dobre: escribir e dramatizar con audicións de música.

Moitas grazas Sergio!!!

Ver fotos na galería fotográfica

Experimento 5ºB

XOGANDO COAS DENSIDADES - 5ºB

 Fixemos un precioso arco da vella líquido utilizando sustancias que teñen densidades diferentes e vimos como as de maior densidade van ao fondo e as de menor densidade flotan sobre elas.

Para darlle maior vistosidade tinguimos os líquidos con distintas cores.

Encontro coa autora 6º

 ENCONTRO COA ESCRITORA

LEDICIA COSTAS 6º

Estivo na nosa biblioteca, cos niveis de 6ºA e 6ºB, a escritora viguesa Ledicia Costas.

Amosouse encantadora en todo momento, respondendo ás preguntas que lle facían os rapaces, asinando libros e contando entretidas e divertidas historias sobre a súa infancia.

Ledicia, volve pronto a visitarnos!!

 

Ver fotos na galería fotográfica

Día escolar das matemáticas

DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS 6º

Con motivo desta conmemoración alumnos e alumnas do IES Álvaro Cunqueiro viñeron ao cole e mostráronlles aos alumnos e alumnas de 6º curso uns xogos de lóxica e inxenio creados por eles mesmos.

Pasamos un bo rato xogando coas matemáticas!

 

Filloas 1º

EN PRIMEIRO FACEMOS FILLOAS!!!!

As nosas galiñas están poñendo moitos ovos. Entre todos e para facer bo uso deles fixemos unhas riquísimas filloas.

 

 Ver todas as fotos en galería

Primeiros auxilios 2017

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

Por segundo ano consecutivo, dúas nais enfermeiras, integrantes da nosa ANPA, prestaron os seus coñecementos en primeiros auxilios para que o alumnado de 1º a 5º de primaria saiba reaccionar ante todo tipo de emerxencias.

Tamén impartiron un obradoiro sobre esta temática para familias e profesorado coa colaboración doutra compañeira. Unha charla moi útil e amena na que xurdiron cuestións moi interesantes.

MOITAS GRAZAS LAURA, MALENA E MERCEDES POLA VOSA DEDICACIÓN.

 

VER FOTOS EN GALERÍA FOTOGRÁFICA

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut