Skip to Content

Impreso autodeclaración comedor curso 2024-25

Enlace

Actividades nas aulas

Modelo de pulmón

Explicación do experimento do Modelo de pulmón, feito por Alexis e Izan.

Grazas polo traballo!

Fonte de Coca Cola

Na clase de 6º B continuamos coas exposicións e experimentos. Esta vez puidemos asistir a unha interesante explicación do traballo relizado por Leyre e Ruth sobre a liberación do dióxido de carbono. Aquí podedes velo. Continuamos investigando!

Creamos fósiles

Continuamos cos experimentos en 6º e esta vez da man de Iria e Matias, puidemos crear os  nosos propios fósiles. Grazas polo voso traballo!

Día da non violencia de xénero

Hoxe é o día contra a violencia de xénero. O alumnado de 6º de Primaria fai unha reflexión sobre os patróns que adquirimos desde pequenos, para rexeitar aqueles condicionados polo xénero.

Que o día de hoxe sexa un paso máis cara a igualdade e a non violencia de xénero!

Experimento circuitos eléctricos

Comezamos cos experimentos na clase de 6º B. Puidemos presenciar a estupenda presentación de Andrea e Naia, explicándonos as conexións nos circuitos eléctricos nun mapa do relevo de España.

Grazas polo voso esforzo e traballo!

Facéndonos preguntas

Hoxe o alumnado de 6º estivemos facendo algúns experimentos no laboratorio. Que non se nos esqueza preguntarnos sempre cousas!

Sexto Customizando

Aquí compartimos os mellores deseños que os alumnos e alumnas de sexto crearon na área de ARTS. Pode que algún día vexamos deseños coma estes en marcas coñecidas....!!!

"Un jueves con Jueves" Escóitame se queres...

O papagaio Jueves tiña moitas ganas de coñecer o cole, pero polo de agora non pode ser, así que vos deixa este vídeo para saber que fixo estes días na  asa e se a sorpresa que ten gústavos.

 

Piiiii, piiii, pi, pi, piii pi ( que quere dicir que está traballando coa profe Merce na sorpresa)

2º recicla con Dinoseto e Dinosetiño

2º recicla con Dinoseto e Dinosetiño

O pasado 24 de xaneiro viñeron ao centro Dinoseto e Dinosetiño para falarnos do mellor xeito de reciclar. Nas clases de 2º de primaria, esta foi a experiencia.

Recipes

RECIPES 6º

Anímaste a cociñar? O alumnado de 6º tivo que meterse entre fogóns para elaborar a presentación trimestral na clase de inglés e cociñar en familia. Durante este proceso sacaron fotos que empregaron para crear a súa foto-receita.

Parte dese alumnado quixo compartir a súa receita convosco e esperamos que neste libro dixital atopedes algunha que vos apeteza levar a cabo para presentar na vosa mesa.

Enjoy your meal!

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut