Preparados, listos, xa! As delegacións de cada nivel desfilaron amosando os seus disfraces olímpicos, amenizaron ao público coas súas coreografías e procedeuse á clausura destas olimpíadas entroidescas coa lectura das acusacións e o xuízo ao Meco que, grazas ao temporal, se librou da queima. Non faltaron os doces típìcos desta celebración achegados polas familias para a súa degustación. Agradecemos a vosa colaboración na organización do festival e a achega de doces. E tampouco faltou o posado no noso photocall: enlace á galería fotográfica Viva o Entroido! Festa rachada! |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »