Skip to Content

Letras Galegas

Cantares Gallegos ilustrados

ILUSTRANDO A ROSALÍA

150 ANOS DE Cantares gallegos

 

Co gallo da conmemoración do 150 aniversario da publicación de CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro, o alumnado do centro fixo este libro dixital ilustrando algúns poemas desta obra.

Día de Rosalía 2013

  DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

2013

 

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) convidou aos centros de ensino a participar nunha lectura colectiva do seu libro de poemas Cantares Gallegos, con motivo do 150 aniversario da súa publicación.
 

O noso centro participou nesta actividade coa lectura do capítulo número 17.

 

 

Festival letras galegas

ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS DURANTE A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2012

 

Durante a Semana das Letras Galegas, do 14 ao 16 de maio, desenvolvimos varias actividades culturais. Algunhas delas tiveron como obxectivo dar a coñecer a vida e obra de Valentín Paz-Andrade (homenaxeado no Día das Letras Galegas) e de Celso Emilio Ferreiro (con motivo do centenario do seu nacemento).

 

Nas seguintes reportaxes podes ver as fotografías e vídeos correspondentes a estas actividades:

 

Exposición multimedia sobre Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro

 

Xogos populares e tradicionais

 

Festival das Letras Galegas

 

 

Reportaxes fotográficas

Letras Galegas 2012

 

Valentín Paz-Andrade

Celso Emilio Ferreiro

Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro centran a actividade cultural deste ano. Ambos estiveron vinculados á cidade de Vigo e nela pasaron varias etapas da súa vida e ambos loitaron, a nivel persoal e profesional, por defender e dignificar a cultura e a lingua galega.

 

Valentín Paz-Andrade 

(Pontevedra, 1898 - Vigo, 1987)

Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a este home polifacético que destacou como xurista, economista, político, empresario, ensaísta, poeta e xornalista. Sempre tivo presente, tanto na súa obra literaria como na súa faceta empresarial, a Galicia e a súa lingua.

Podes consultar a súa biografía e obra na seguinte páxina: http://www.valentinpazandrade.es/

 

Nos seguintes arquivos podes visualizar os carteis, publicados pola Xunta de Galicia, que forman parte da exposición que está ubicada na entrada do edificio principal do colexio e no aulario .

                      Carteis para Educación Primaria

                                                                                   

Carteis para Educación Secundaria

 

Celso Emilio Ferreiro 

(Celanova, 1912 - Vigo, 1979)

Celebramos o centenario deste recoñecido escritor que dá nome ao noso centro. Celso Emilio Ferreiro é a máxima figura da poesía social galega e un home comprometido coa realidade cultural, social e política da súa terra.

Podes consultar a súa biografía e obra na seguinte páxina: http://celsoemilioferreiro.org/

 

ACTIVIDADES NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Co obxectivo de achegar a vida e obra destas dúas ilustres figuras da nosa cultura deseñamos actividades e recompilamos e creamos materiais para traballar co noso alumnado.

-Exposición multimedia 

  • Percorrido pola vida e obra destes autores a través dos carteis, libros e revistas expostos na entrada do colexio.

 

Reportaxe fotográfica da exposición

  • Proxección dunha presentación en vídeo, realizada polo Equipo de Normalización Lingüística do colexio, sobre a vida e obra de Celso Emilio Ferreiro.
  •  Interacción virtual cunha liña do tempo multimedia, realizada polo Equipo de Normalización Lingüística do colexio, sobre a vida e obra de Celso Emilio Ferreiro.

 

  • Conferencia sobre a obra musicada de Celso Emilio Ferreiro, impartida polo musicólogo Xaime Estévez Vila, para alumnado de ESO.
  • Xogos: o departamento de Educación Física deseñou dúas xornadas de xogos e de petanca para desenvolver co alumnado.
  • Festival das Letras Galegas: O mércores 16 de maio celebraremos este festival no que o alumnado nos fará disfrutar coas súas actuacións.

Programa do Festival das Letras Galegas

  

Queremos expresar o noso agradecemento a dona Rosario Rodríguez Paz Andrade, sobriña de Valentín Paz Andrade, por colaborar co noso centro co empréstito de libros, revistas e documentación sobre a vida e obra do seu tío.

CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO (1912-2012).

CELSO EMILIO FERREIRO, POETA E NARRADOR

CONMEMORACIÓN DO CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO.

 

PANORÁMICA DA ENTRADA SOBRE O CENTENARIO DO NACEMENTO DO POETA.

 

DETALLE PANORÁMICO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DETALLES DA RESEÑA SOBRE O CENTENARIO DO POETA DA TERRA.

Lois Pereiro 2011

 

 

FESTIVAL

Celebrado o 13 de maio

 

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut