Skip to Content

Letras Galegas

Letras Galegas 2019

XORNADAS CULTURAIS - MAIO 2019

Luns 13 de maio

Para dar comezo ás Xornadas Culturais de Maio contamos coa presenza de varias persoas que están a deixar pegada nos seus respectivos eidos:

  • un ilustrador: Anxo Fariña.
  • tres persoas de ASPANAEX: (Asociación en favor de las Personas con Discapacidad Intelectual):

-Mª José Guntín (47 anos, cunha discapacidade prepara oposicións para Conserxe da Xunta de Galicia).

-Pedro Vázquez (persoa con discapacidade, gústalle moito a música).

-Santiago Domarco (40 anos, con Síndrome de Down, gústalle a música).

  • dúas persoas de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise cerebral):

-Francisco Díaz

-José Ignacio Fernández (persoas discapacitadas, practican deportes adaptados: slalom e boccia).

  • unha persoa de San Rafael: Juan Avendaño. Escultor (traballa o bronce).
  • Sara Viéitez: 25 anos. Campiona de España de loita libre Olímpica.
  • Dulce Naiara (5ºB). Practica taekwondo.

 

Ver fotos de Persoas con pegada


Martes 14 de maio

Exposición de lapbooks

As familias e o alumnado do centro puideron visitar a exposición dos traballos relacionados co proxecto deste curso, que nesta ocasión adoitaron a forma de Lapbooks ou libros interactivos.

 

Ver fotos da exposición de lapbooks

Mércores 15 de maio

Visita dunha palilleira

Neste día contamos cunha visita moi especial. Chegada de Camariñas, na provincia de A Coruña, tivemos a visita de Jackie, que é palilleira e cantareira desde fai moitos anos. Ela contounos moitas cousas sobre o arte de palillar ademais de mostrarnos o seu traballo en vivo. E iso non foi todo, tamén cantou varias cantigas populares relacionadas coa súa profesión.

 

Ver fotos da palilleira

Xoves 16 de maio

Festival das Letras Galegas

Un ano máis celebramos o Día das Letras Galegas, adicado nesta ocasión á figura de Antonio Fraguas, cun gran festival onde o alumnado tivo a oportunidade de mostrarnos o seu talento para o baile, o canto e a interpretación.

 

Ver fotos do festival

Día de Rosalía

DÍA DE ROSALÍA 2019

24 DE FEBREIRO

O xoves 21 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía cunha lectura colectiva en Voz Alta.

Neste acto uníronse a celebración do aniversario do nacemento da autora co Día Mundial da lectura en Voz Alta. A actividade programada polos equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística realizouse no salón de actos, alí o noso alumnado recitou as poesías traballadas nas súas aulas. Rematada a lectura fíxose entrega dos agasallos: Un libro e unha flor.

O venres 22 continuamos coa homenaxe adicándolle a Rosalía o programa semanal na nosa Radio Celio.

Xornadas culturais 2018

 XORNADAS CULTURAIS MAIO

LETRAS GALEGAS 2018

Do 14 ao 16 de maio o noso centro viaxou ao pasado para mergullarse nun dos momentos máis destacados da historia da nosa cidade: A Reconquista.

Estas actividades estiveron enmarcadas no proxecto que está a desenvolver o centro neste curso.

O alumnado puido coñecer oficios e artes como a cestería, o traballo en coiro ou os nós mariñeiros ademais da música, bailes populares e asistir a un espectáculo de cetrería.

Tamén contamos cunha representación teatral a cargo do alumnado do Centro San Rafael e unha presentación multimedia realizada polo alumnado de 6º sobre a autora homenaxeada este ano: María Victoría Moreno.

Deixámovos aquí uns petiscos destas actividades e invitámosvos a ver máis fotos na galería fotográfica.

O noso agradecemento a todas as persoas que colaboraron no deseño e desenvolvemento destas xornadas.

 

Ver fotos dos obradoiros artesanais

 

 Ver fotos da festa da Reconquista

Festival Letras Galegas

FESTIVAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

Entre cancións, bailes, dramatizacións e contos homenaxeamos á nosa lingua e a Carlos Casares, persoeiro a quen se dedica o Día das Letras Galegas.

Fomos ao mercado, entramos na horta de Balbina, tivemos a inesperada visita dunha cuadrilla de superheroes, viaxamos a París, descubrimos que as galiñas tamén poden ser azuis, retornamos ao pasado da man dunha cantiga do século XIII e presentamos, en primicia, o noso conto colectivo elaborado por todo o alumnado.

E non podía faltar a nosa particular homenaxe a Carlos Casares cunha presentación sobre a súa vida e obra e a dramatización do conto A galiña azul.

 

Ver fotos

Letras galegas 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

MANUEL MARÍA

 

Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a Manuel María, poeta lugués, autor dunha extensa obra e comprometido coa lingua e cultura galega.

Para achegarvos a figura deste importante persoeiro da nosa terra queremos compartir convosco un dos seus poemas máis famosos e emotivos: A fala, do libro As rúas do vento ceibe.
 

 

A fala, poema cantado por Uxía

 

E para saber máis...

 

Día de Rosalía

ROSALÍA NOS ALTOFALANTES

 

Hoxe, día 24 de febreiro, imos celebrar o Día de Rosalía coincidindo co seu aniversario.

  • Na entrada do centro teremos, en exposición, ao longo desta semana un libro elaborado polos alumnos do centro no ano 2013. Toda a comunidade educativa pode botarlle un ollo a este bonito traballo.
  • Recibiremos e despediremos aos alumnos e alumnas con música coa letra de Rosalía:

- Adios ríos, adios fontes de Amancio Prada.

- Campanas de Bastabales de Amancio Prada.

- Negra sombra de Luz Casal e Carlos Núñez.

  • No Plan Lector, despois do recreo, os alumnos e alumnas do centro recitarán poesías de Rosalía. Farano pola megafonía do centro. O resto dos alumnos escoitarano nas aulas e nos andares do centro. Por ciclos recitarán os seguintes poemas:

- 1º ciclo: Adios ríos, adios fontes

- 2º ciclo: Campanas de Bastabales

- 3º ciclo: Castellanos de Castilla

Os maios na rúa 2014

OS MAIOS SAEN Á RÚA

Este ano quixemos despedir o inverno para darlle a benvida á primavera celebrando a FESTA DOS MAIOS.

Despois de confeccionalos, saímos á avenida Castelao con eles. Na compaña de toda a comunidade educativa e o noso contorno recitamos as coplas e representamos o baile das cintas.

 

Reportaxe videográfica

 

Preme aquí para ver as fotos dos maios

 

 

No arquivo adxunto pódense ler as coplas de cada grupo de alumnado.

Festival letras galegas 2014

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2014

Como cada ano levamos a cabo o tradicional Festival das Letras Galegas. O alumnado deleitounos con cancións, contos, obras de teatro, vídeo..., todo para lembrarnos que o galego é a nosa lingua.

Este ano homenaxeamos a Xosé María Díaz Castro.

 

 

Ver fotos

 

Festival Letras Galegas 2013

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2013

 

Na xornada previa ao Día das Letras Galegas celebramos este festival coas actuacións preparadas polo alumnado e o profesorado para homenaxear dun xeito lúdico a nosa cultura e lingua. Queremos expresar o noso agradecemento ás persoas que colaboraron nestas actividades.


Achegámosvos os vídeos das actuacións onde atoparedes: cancións, bailes, teatro de sombras, chistes, poemas dramatizados, música e moito, moito traballo e esforzo dos nosos pequenos artistas!

 

Vídeos Cantares Gallegos

    

RECITANDO A ROSALÍA NO 150 ANIVERSARIO DE

CANTARES GALLEGOS

 

A comunidade educativa do noso centro participa na homenaxe a Rosalía con motivo do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos coa lectura colectiva desta obra.

O noso agradecemento a todas as persoas que participaron nesta actividade e que nos axudaron a facer realidade este proxecto colaborativo.

 

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut