Skip to Content

Visita de Gonzalo Aguiar

No día de hoxe, o noso alumnado tivo a sorte de compartir unhas verbas co ciclista Gonzalo Aguiar. Este vigués converteuse no primeiro galego olímpico grazas á súa participación non Xogos de Seúl de 1988. 

Moitas grazas Gonzalo Aguiar!!!

 

 

 

Becas NEAE

Cultivando bacterias

No día de hoxe, o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de contar coa visita da Doutora en microbioloxía Ana González Abril. Coa súa guía, realizáronse diferentes experiencias de cultivos de bacterias presentes en diversas superficies como froitas, estropallos, iogures e incluso nas mans.

Así mesmo, puideron comprobar o resultado de numerosas mostras achegadas pola científica.

Todo un mundo en miniatura!!!

 

Visita da autora Ledicia Costas

Onte o alumnado de sexto tivo a gran sorte de contar con Ledicia Costas na nosa biblio ( e aínda por riba, coincidindo co Día do Libro).

 
Compartimos con ela anécdotas, ideas...e unha morea de gargalladas.
 
Tras leren a "Escarlatina" quedamos agora con ganas de seguir lendo moitas máis historias desta marabillosa autora.

Día do Libro - Apadriñamento lector

Hoxe, 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro convertindo o patio nun espazo de lectura onde o noso alumnado puido desfrutar ao aire libre da actividade de apadriñamento lector. Este ano os máis pequenos foron os mestres e mestras de cerimonia e escolleron un libro para lerllo ao alumnado dos cursos superiores que, en agradecemento, lle entregou un marcapáxinas que elaboraron como agasallo.

Gozaron da lectura en compañía e fixeron novos amigos e amigas. Feliz Día do Libro!

 

Visita da autora Amalia Pérez

Co gallo do Día do Libro, a cativada de 3º, 4º e 5º asistiu a un obradoiro de creación literaria impartido pola escritora e profesora Amalia Pérez Otero. Nel puideron escoitar e ser partícipes de historias engaiolantes. Tamén colleron as rendas literarias para escribir un libro de seu.

Moitas grazas, Amalia, pola túa visita! Agardamos volver verte axiña!

Celta Zorka Recalvi

Hoxe o clube de baloncesto feminino Celta Zorka Recalvi, que xoga na liga feminina Endesa, visitou ao noso alumnado de 4º e 5º de Ed. Primaria. Ao centro acudiron a adestradora (Cristina Cantero) e mailas xogadoras Murjanatu L. Musa Maimouna Haidara. Aproveitaron para xogar con eles un pouco e achegarlles o gusto polo deporte e ademáis agasalláronnos cun sorteo de camisetas e entradas para esta fin de semana.

 

Quiñones de León

No día de hoxe, o alumnado de 5º visitou o pazo Quiñones de León onde o profesorado da Escola de Música Municipal de Vigo nos deleitou con unha ruta guiada cargada de historia e música de diferentes estilos. 

O salón coa súa escaleira de estilo inglés, a cociña de diario, a biblioteca e o gran comedor foron algúns dos espazos onde sonaron pezas clásicas de Beethoven e  Schubert, ou outras máis modernas como o o Inspector Gadget ou a Familia Adams.

Como remate da visita houbo un pequeno paseo polos xardíns do pazo.

Escola Municipal De Música De Vigo | Esmuvigo | Vigo

Obradoiro de primeiros auxilios

Onte o alumnado de 6º de primaria, participou nuns Obradoiros de primeiros auxilios que impartiu o alumnado de Bacharelato do IES Álvaro Cunqueiro. Aprendemos moitas nocións e coidados para previr accidentes e actuar ante lesións. Foi una xornada marabillosa!

 

 

 

Visita a Apípolis

O venres 22 de abril o alumnado de 3º e 5º fixo unha saída a Apípolis para celebrar a chegada da primavera.
Alí puideron participar en distintas actividades relacionadas co mundo apícola, tales como: visitar un apiario, cociñar bolachas de mel, facer unha candea con cera e facer un percorrido guiado por unha pequena exposición sobre as abellas e as súas curiosidades.
Tivemos un tempo marabilloso e foi unha experiencia estupenda!

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut