Amosando publicacións coa etiqueta De viaxe!. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta De viaxe!. Amosar todas as publicacións

17 de xuño de 2023

Jean Michel Basquiat

 A aula de 3º expuxo na entrada da BBS e da escola o resultado da súa última parada na viaxe pola arte que estiveron facendo este curso.  Desta vez coñeceron a vida e a obra de Jean Michel Basquiat. Mirade que exposición tan incrible prepararon. Bravo, Terceiro!




30 de abril de 2023

De viaxe: Pablo Picasso

Na aula de Sexto continúan viaxando pola historia da arte. A súa última parada foi na vida e obra de Pablo Picasso. Compartimos aquí o resultado da súa investigación, un mural dixital colaborativo. Moi bo traballo, Sexto! 
Para ver o mural completo podedes abrilo noutra xanela (frecha na parte superior dereita da publicación) ou ir movendo a barra inferior da publicación e as barras laterais de cada apartado do mural.
 

Hecho con Padlet

29 de marzo de 2023

O Club Ciclista Padronés Cortizo

Hoxe o noso patio encheuse de bicis. Tivemos a segunda sesión cos adestradores do Club Ciclista Padronés Cortizo, a máis agardada, a sesión práctica. Todo o cole puido practicar nun circuíto que montaron no patio e mellorar as habilidades coa bici. Temos toda a Semana Santa para practicar, a ver se non chove! 

Grazas, Club Ciclista Padronés Cortizo!






3 de febreiro de 2023

27 de xaneiro de 2023

De viaxe pola arte: Munch

A aula de 3º segue a viaxar polo mundo da arte. Na súa segunda parada descubriron a obra de Edvuard Munch. Compartiron o seu traballo na entrada do cole. Moi bo traballo 3º! Seguide viaxando e compartindo 😍, así aprendemos todos/as. 

24 de xaneiro de 2023

23 de decembro de 2022

O casco de Leiro

O alumnado de 6º, está viaxando pola historia da arte, como parte do desenvolvemento do Proxecto Documental Integrado deste curso: De viaxe! A primeira parada desta viaxe foi na prehistoria e non moi lonxe de Taragoña. Investigaron sobre o casco de Leiro e nesta última semana compartiron o seu traballo cos compañeiros/as doutras aulas na biblioteca. Contaron cunha réplica do casco de Leiro que nos deixou o departamento de Cultura do Concello de Rianxo.

8 de decembro de 2022

Morreu o demo

O mércores e o venres desta semana a Asociación Morreu o demo vai desenvolver un obradoiro de títeres na aula de 6º do noso colexio. Onte estiveron elaborando os guións coa axuda de Electra Menéndez, artesá  que está a impartir o obradoiro. O venres elaborarán os personaxes, decorado e atrezzo para rematar representando as súas obras. A temática escollida para todas as obras é as viaxes, relacionado así este obradoiro de creación co PDI promovido pola BBS. 

A actividade está enmarcada dentro das actividades do proxecto Titiriberia  que a asociación realiza en Rianxo. Agardamos con ganas por esas obras de títires de creación propia! 😀


24 de novembro de 2022

Viaxes e viaxeiros

Comezamos a compartir o traballo que as diferentes clases están a realizar no marco do Proxecto Documental Integrado deste curso: Viaxes e viaxeiros
Na clase de 3º están viaxando a través da arte e a súa primeira parada foi a obra de Vincent Van Gogh. Mirade que presentación tan chula compartiron na entrada da BBS. 

Moi ben 3º, sodes uns artistas!

2 de outubro de 2022

Quentando motores: quinto e cuarto

 Xa estamos tod@s list@s! 

Luns abre a BBS, comezamos a nosa "grande viaxe" polo mundo do coñecemento, a información, a literatura, a imaxinación... Boa viaxe para tod@s!

CUARTO:





QUINTO:




28 de setembro de 2022

Quentando motores: terceiro e sexto

A grande viaxe de Anna Castagnoli e Gabriel Pacheco é o conto que escollemos para comezar este curso. Como o protagonista, agardamos viaxar coa imaxinación, soñar con descubertas incribles e dar renda solta á nosa creatividade. Para iso precisamos coñecer ben os fondos e recursos que temos na BBS, para poder documentarnos e garantir que a viaxe levará bo rumbo. Nestas primeiras sesións na biblioteca estamos a reencontrarnos coa CDU.

 TERCEIRO



SEXTO





Quentando motores: primeiro e segundo

O luns 3 abrirá oficialmente a BBS, pero nesta semana xa estamos recibindo a todas as clases para retomar o contacto, lembrar normas, servizos, actividades... E falar do proxecto deste curso, que dará continuidade ao traballo sobre viaxes, viaxeiros e viaxeiras do curso pasado. 

PRIMEIRO




SEGUNDO





10 de setembro de 2022

Temos táboas!!

Este curso si! Volvemos a ter táboas para usar na biblioteca e no recuncho dos xogos no patio. Estivemos dous cursos usando "substitutivos" das táboas para respectar o protocolo Covid, pero xa están de volta! Este venres todas as aulas decoraron e personalizaron as táboas. De paso demos unha pista: este ano continuaremos traballando sobre viaxes, porque quedou moito por viaxar e descubrir 😃