Amosando publicacións coa etiqueta novembrociencia21. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novembrociencia21. Amosar todas as publicacións

5 de decembro de 2021

Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Rematou novembro, mes no que nos sumamos á proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares e propuxemos ás aulas facer ciencia en galego, relacionada co PDI deste curso. O equipo de biblioteca preparou un documento cunha escolma de experimentos que enviou a todas as aulas e pasaron cousas tan chulas coma estas:  
Só agardamos que a ciencia en galego continúe presente no día a día das nosas aulas, porque experimentar e crear son as mellores maneiras de aprender. 
 

Mes da ciencia en galego: flotación e densidade

 

Na aula de 2º comprobaron a densidade da auga, aceite, xabón e area e como inflúe na flotación dos corpos.Están feitos uns científicos e científicas estes nen@s de 2º!

28 de novembro de 2021

Mes da ciencia en galego: flotación en auga salgada e auga doce

 

Na aula de 5º experimentaron coa flotación e a densidade, descubrindo a importancia salinidade para a flotación dos corpos.Todo isto observando o comportamento de uvas en auga salgada e doce e seguindo o método científico.

Mes da ciencia en galego: clips que flotan

 

Na aula de 5º experimentaron sobre a flotación, a densidade e a tensión superficial. Conseguiron que uns clips flotaran na auga!😃

Mes da ciencia en galego: acción-reacción

No mes de novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas, propuxemos ás titorías a realización de experimentos, seguindo o método científico, relacionados co PDI deste curso, en concreto cos medios de transporte: propulsión, flotación, densidade... Na clase de 2º conseguiron poñer coches en movemento empregando a propulsión provocada por globos. Aquí os tedes!