Skip to Content

NOVAS SOBRE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

 

Nos cursos de 4º de E.I., 5º E.I. e 1º E.P. habendo máis solicitudes que prazas é preciso baramar. Por este motivo, informamos de que seguindo a lexislación vixente que regula o procedemento de admisión, a documentación e os prazos para poder presentala, son os seguintes:

DOCUMENTACIÓN PARA O PROCESO DE BAREMO 

 

A efectos de comprobación, é necesario presentar o orixinal de todos os documentos fotocopiados. Soamente é preciso que a presenten as familias que non o fixeron xa no momento da presentación da solicitude de matricula. 

PRAZO

O prazo de presentación é de 10 días hábiles dende os 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar solicites de admisión. Polo que poden presentalas dende o día 25 ata o 9 de abril, ambos inclusive. 

Dende o centro nos poñeremos en contacto coas familias das que precisamos presenten documentación para a baremación. 

 

--------------------------------------------------------------------------------------------

 

NORMATIVA REGULADORA PARA O PROCESO DE ADMISIÓN

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Prazo de presentación de solicitudes: 1-22 DE MARZO (ambos inclusive)
  • Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados, no caso de haber mais solicitudes que prazas ofertadas será de 10 días hábiles dende os 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar solicites de admisión.  Tamén teñen a opción de achegala á solicitude de admisión. 
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: ANTES DO 25 DE ABRIL. Poderán ser obxecto de reclamación nun prazo de 5 días hábiles. 
  • Publicación definitiva das listaxes de admitidos e non admitidos: ANTES DO 15 DE MAIO. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes.
  • O alumnado admitido no centro poderá formalización a súa inscrición do 20 A0 30 DE XUÑO.

 

A directora, Paula Díaz Gato. 



page | by Dr. Radut