Skip to Content

PROCEDEMENTO ADMISIÓN

 

NORMATIVA REGULADORA PARA O PROCESO DE ADMISIÓN

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Prazo de presentación de solicitudes: 1-21 DE MARZO (ambos inclusive)
  • Cando o número de solicitudes sexa superior ao de postos dispoñibles, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, entre o 24 de marzo e o 6 de abril, ambos incluídos, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterior xerais de admisión alegados pola persoa solicitante.Tamén teñen a opción de achegala á solicitude de admisión. 
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: ANTES DO 25 DE ABRIL. Poderán ser obxecto de reclamación nun prazo de 5 días hábiles. 
  • Publicación definitiva das listaxes de admitidos e non admitidos: ANTES DO 15 DE MAIO. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes.
  • O alumnado admitido no centro poderá formalización a súa inscrición do 20 A0 30 DE XUÑO.

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

 

1. Cubrir a solicitude a través do enlace á aplicación “admisión do alumnado” e asinala na Sede Electrónica, coa Chave 365 ou certificado dixital. 

2. Cubrir a solicitude a través do enlace á aplicación “admisión do alumnado” e presentala asinada no centro (cita previa).

      3. Cubrir a solicitude que achegamos para a súa descarga e entrega asinada na secretaría do centro (cita previa).

 Manual sobe como presentar a solicitude a través da aplicación "admisión de alumnado"

SOLICITUDES

 

  • Dispoñibles na páxina web, na aplicación "admisión de alumnado".

 

Formulario en galego

Formulario en castelán

Tamén poden recoller unha copia do formulario na secretaría do centro (cita previa).

 

HORARIO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NA SECRETARÍA DO CENTRO 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

12.25-13.10

 10.40-11.20  09.55-11.20 13.15-14:00  13:15-14:00

 

É preciso para respectar ao máximo o Protocolo de adaptación ao Covid-19 do noso centro, evitando aglomeracións ou esperas na entrega de solicitudes, soliciten cita previa, a través do correo electrónico: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  •  Impreso de solicitude de admisión ED550B
  •  Copia e orixinal do libro de familia ou DNI do alumno/a que acredite a súa idade. 
  •  En caso de separación ou divorcio, deberán presentar o convenio regulador ou resolución xudicial. 
  • En caso de familia numerosa, o título que o acredite. 
  • En caso de solicitar unha praza para alumnado con NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) achegarase a documentación que acredite as circunstancias da petición.
  • En caso de discapacidade da/o alumna/o, proxenitores, titores legais ou irmáns, achegarase a documentación acreditativa.
  • Certificado de empadroamento no que figure que levan máis dun ano empadroados/as, no caso de que opten aos puntos do padrón)
  • En caso de familia monoparental, documentación que acreditativa.
  • Para alumnado procedente doutro centro deberán achegar tamén unha certificación de matricula do centro de procedencia.  

A efectos de comprobación, é necesario presentar o orixinal de todos os documentos fotocopiados. 

 

PRAZAS VACANTES

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

22 -3*

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

1

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

1

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

1*

2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

0

3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

2

4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

0

5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

0

6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

0

 

*Postos escolares a disposición da comisión de escolarización para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. De non adxudicarse a este alumnado, asiganaríanse ao resto no procedemento de admisión ordinario. Modificadas o día 15/03/2022 por un procedemento de escolarización extraordinario.

CRITERIOS DE BAREMACIÓN 

Os criterios de baremación teranse en conta no caso de haber máis solicitudes que prazas ofertadas. Poden ver os criterios de baremación no seguinte enlace:  

Criterios de baremación CEIP de Zalaeta

 

HORARIO DO CENTRO E SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

  • O horario do centro é de 9:00 a 14:00 horas.
  • A ANPA do centro xestiona os servizos de madrugadores (horario de 7:30 a 9:00) de comedor escolar (horario de 14:00 a 16:00) e extraescolares. 

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE 

 

  •   A solicitude de admisión será única e vinculante, poderá conter ata un máximo de seis centros por orde de preferencia. A solicitude presentarase no centro indicado en primeiro lugar. 
  • No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída con carácter exclusivo, a un deles. Neste caso, deberán presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial, correspondente para o seu cotexo no centro educativo. 
  • O alumnado matriculado no noso centro que presente solicitude de admisión en outro, deberá comunícalo tamén no centro de orixe. 
  • Nos seguintes casos darán lugar á perda do dereito de prioridade:

               - A presentación fóra de prazo. 

               - A presentación de máis dunha solicitude en distintos centros. 

               - As solicitudes que conteñan datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumnado.

               - As solicitudes que estean acompañadas por documentación que reflicta datos que non se axusten ás circunstancias reais. 

ÁREA DE INFLUENCIA

  • A área de influencia do noso centro que corresponde a efectos de baremación por proximidade do domicilio ou do centro de traballo, é a que figura no mapa de zonas educativas proporcionado polo Concello de A Coruña. 
  • O centro adscrito para os estudos de educación secundaria obrigatoria é o IES Ramón Menéndez Pidal- Zalaeta. 

Mapa de zonas de influencia centros públicos

Mapa de zona de influencia centros privados concertados

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

  • Este curso a Xornada de portas abertas non se realizou de forma presencial, no vídeo que achegamos no seguinte enlace poden ver como é un día na nosa escola.

 

  • Aquí poderán acceder a unha visita virtual do noso centro. 

 

       A directora, Paula Díaz Gato. 

 

 

 



page | by Dr. Radut