Skip to Content

DISTRIBUICIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Seguindo o regulado na ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21, os criterios de procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria son os seguintes:

 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • O prazo para a presentación das mesmas é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da ORDE no DOG. Polo que será do luns 16 de novembro ata o venres 27 de novembro.
  • As solicitudes soamente se poden presentar de maneira presencial no centro. Para elo teredes que solicitar cita previa a través de:

                -Número de teléfono do centro: 981-21-17-47

                -Correo electrónico do centro: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal

 

DOCUMENTACIÓN:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I que poderán descargar en arquivos adxuntos) a seguinte documentación:

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar). Poden descargala en arquivos adxuntos.
  • Copia do Libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros da unidade familiar. 
  • Outra documentación acreditativa en caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e ou/convenio regular onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado de grao de discapacidade do/a alumno/a, ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. 

 

AdxuntoTamaño
ORDE 6 DE NOVEMBRO.pdf608.65 KB
ANEXOS.pdf136.44 KB


page | by Dr. Radut