O pasado 7 de abril, dende Educación Física, falamos da conmemoración do Día Mundial da saúde. Mencionamos a importancia de facer exercicio físico, de comer saudable, de coidarnos por dentro e por fora, porque iso e fundamental para o noso benestar físico, mental e social.
Ademais, fixemos este mural con receitas, un pequeniño proxecto do 2º trimestre onde o alumnado de 3º e 4º mostrou as súas dotes culinarias.
En Educación Física, co alumnado de 3ºA e 3ºB, estamos traballando unha Unidade de "Materiais voadores" donde estamos probando diferentes elementos e materias convencionais e non convencionais, para traballar os lanzamentos e as recepcións dunha forma diferente ! Neste caso, fixemos avións de papel, cos que tamén traballaremos as distancias ! Seguimos voando :)
Fai unhas semanas fixemos un pequeno torneo de Datchball en Educación Física, onde os protagonistas foros os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria. Pasámolo moi ben, e desfrutamos traballando en equipo e cumplindo as normas de xogo limpo ! :)
O alumnado de 2º e 3º participou na carreira de campo a través, organizada polo programa Xogade, celebrada na Illa das Esculturas o martes 9 de novembro.