Skip to Content

Benvida

BENVID@S AO CEIP A XUNQUEIRA 1

 

 ATENCIÓN TELEFÓNICA: 886159029 e 886159026

 Edixgal, PLAMBE.

 Plan Madruga e Comedor escolar.

 

                                            ADMISIÓN  CURSO 2024-2025

(do 1 ao 20 de marzo)

 

Neste curso, teremos que BAREMAR para poder determinar a admisión do alumnado: 

Artigo 9. Criterios de admisión do alumnado e puntuación

1. Nos centros docentes sostidos con fondos públicos onde non haxa postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes de reserva e/ou de admisión, para determinar a orde de prelación do alumnado, teranse en conta os seguintes criterios:

a) Por unha irmá ou un irmán matriculados no centro: oito puntos; polo segundo e seguintes, dous puntos por cada un, co máximo de catorce puntos.

b) Proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou do lugar de traballo.

1º. Por proximidade do domicilio familiar: se está na área de influencia do centro, oito puntos; se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro, catro puntos.

2º. Por proximidade do lugar de traballo: se está na área de influencia do centro, seis puntos; se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro, tres puntos.

c) Por renda per cápita da unidade familiar. A puntuación, por referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do exercicio fiscal a que corresponde a renda, será a seguinte:

1º. Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: tres puntos.

2º. Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: dous puntos.

3º. Se é igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: un punto.

4º. Se é igual ou superior ao IPREM: cero puntos.

d) Por persoa proxenitora, titora ou acolledora traballadora do centro docente tres puntos, con independencia de que traballen ambas.

e) Por familia numerosa: de categoría especial, tres puntos; de categoría xeral, dous puntos.

f) No caso de irmáns nados dun parto múltiple, sempre que soliciten o mesmo centro, corresponderanlles oito puntos se son dous e dez puntos se son máis de dous.

g) No caso de familia monoparental: dous puntos.

h) Por discapacidade igual ou superior ao 33 % dos membros computables da unidade familiar, a puntuación indicada a seguir co máximo de catro puntos:

1º. Alumno/a: catro puntos.

2º. Calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, ou o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora: tres puntos.

3º. Calquera das irmás ou dos irmáns: un punto por cada un.

Así mesmo, terá esta consideración a percepción da pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

i) Por condición de vítima de violencia de xénero de calquera dos membros computables da unidade familiar: dous puntos.

j) Por condición de vítima de terrorismo de calquera dos membros computables da unidade familiar: dous puntos.

k) Por criterio complementario, consistente en circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente polo órgano competente do centro, de acordo con criterios obxectivos, que terán que publicar antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión: un punto.

l) Polo expediente académico para ensinanzas de bacharelato a puntuación será a seguinte:

1º. Nota media de sobresaliente: dous puntos.

2º. Nota media de notable: un punto.

3º. Por nota media de ben: medio punto.

2. O momento e a forma de alegar e acreditar os criterios de admisión será o que se estableza mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de educación.

3. En caso de empate na puntuación total resolverase atendendo á maior puntuación obtida en cada un dos criterios de baremo referidos, seguindo a mesma orde do punto 1 deste artigo. De manterse o empate, resolverase por sorteo público na forma que estableza a orde que desenvolva este decreto.

Normativa reguladora do procedemento:

Prazos:

  • Prazo de presentación de solicitudes de admisión .- do 01 ao 20 de marzo
  • Presentación documentación acreditativa para o baremo .- 10 días hábiles a partir do día seguinte ao remate do prazo de sltdes. de admisión.
  • Publicación provisional das listaxes de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril
  • Publicación definitiva das listaxes de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio

 

 

ADMISIÓN  CURSO 2024-2025
(do 1 ao 20 de marzo)

 

             Ao abeiro da disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o prazo para a admisión de alumnos que se incorporan ao noso Centro, en Educación Infantil e Primaria, para o vindeiro curso académico 2024- 2025, estará aberto dende o 1 ao 20 de marzo, ámbolos dous inclusive.

 

                  As solicitudes poden cumprimentarse de xeito manual (cubrindo o impreso que temos na Secretaría) ou a través da aplicación:

                   https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Para máis información dos postos escolares ofertados, área de influencia, servizos e prazos premer AQUÍ.

 

                                              ENTRADAS e SAÍDAS:

                           Pica aquí para ver o plano. 

 

 Porta 1: entrada de 5º e 6º, saída de 1º, 5º e 6º

 Porta 2: PORTA ANULADA (obras ascensor)

 Porta 3: entrada de Infantil 5 anos e 1º de Primaria, saída de Infantil 5 anos, 2º, 3º e 4º

 Porta 4: entrada de 2º

 Porta 5: entrada de 3º e 4º

 

 As familias de 1º e 2º poden entrar a recoller ao alumnado no momento da saída. O alumnado de 3º a 6º sairá só do centro, as familias esperarán na beirarrúa.

É moi importante ter descargada a aplicación Abalar Móbil. Neste enlace da nosa Aula Virtual podes consultar como  descargala. Pica Aquí.

 

 

 

 MOI IMPORTANTE

Recordamos que as familias non poden andar polos corredores do centro. Para falar co profesorado deben pedir cita por teléfono, Abalar ou en secretaría.

 

Para ver os vídeos das actividades realizadas pica aquí ou vai ao apartado vídeos na barra lateral. 

 

                      

 

                                                    

                                                                           

          

Distribuir contido


by Dr. Radut