Seguimos a traballar o tempo.
Estivemos analizando os datos recollidos os días lectivos de marzo. Cos datos da temperatura máxima e mínima, precipipacións, presión atmosférica e humidade calculamos a media mensual e fixemos gráficas.
Previamente fixemos un seguimento diario dos datos recollidos nas de 6º.
|
Noa, a nosa compañeira de 6ºA, quedou campioa de España de kick boxing.
Noraboa!!!!
|
O alumnado de 6º asistiu á segunda charla sobre o composteiro e a reciclaxe, na primeira actividade estiveron a mirar os animais que transforman a materia orgánica en compost.
Nesta segunda sesión aprenderon a importancia de reutilicar, reciclar e de utilizar os composteiros.
|
O venres 8 participamos na actividade do programa Revitaliza "Quen vive ahí"
Estivemos buscando os animais que fan a compostaxe
Atopamos moitos!!
|
O alumnado de 6º B sementou allos nuns bricks.
A ver se temos boa colleita!
|
O xoves 31 de marzo tivemos a primeira sesión do obradoiro de convivencia e prevención de condutas aditivas.
Esta actividade está organizada polo Concello.
|
O alumnado de 6ºB celebrou o"Día da muller" realizando un mural.
Tamén xogaron coa baralla das mulleres.
O alumnado de Valores de 6º A fixo un traballo sobre a muller nos Xogos Olímpicos.
Pica no mural para ver o PDF dos seus traballos.
|
O venres 4 visitáronnos membros da asociación AECAM.
Déronnos unha charla sobre a responsabilidade de ter unha mascota e o seu coidado.
Con eles viñeron dúas cadelas e un guacamayo.
Os animais interectuaron con nós.
Gustounos moito a experiencia.
|
O 25 de febreiro celebramos o Entroido no colexio. Aquí tedes algunhas fotos do alumnado de 6º A e 6ºB.
|
O 22 de febreiro fomos de excursión a A Coruña.
Visitamos a Casa das Ciencias e o Planetario.
Despois fomos ao Domus.
Por último estivemos na Casa dos Peixes e na Torre de Hércules.
|
O luns 21 de febreiro visitounos o escritor Pere Tobaruela, autor de "FORMIG4S, Misión Santiago de Compostela". Estivo co alumnado de 6º de primaria.
|
A segunda semana de febreiro tocoulle a 6ºB recoller os datos da nosa estación metereolóxica.
|
O luns, 7 de febreiro, o alumnado de 6ºA encargouse de subir por vez primeira os datos da nosa estación metereolóxica no programa de MeteoEscolas.
Os luns deste mes será o alumnado de 6ºA o encargado de subir os datos, o mes de marzo farao o alumnado de 6º B
|
O alumnado de 6ºA foi o encargado de realizar as primeiras medicións na caseta metereolóxica.
A segunda semana de febreiro encargarase o alumnado de 6ºB.
|
O alumnado de 6ºA foi á horta a recoller as leitugas e a sementar chícharos.
|
Comezamos o noso traballo para o Plan Proxecta.
Estamos a crear un videoxogo, utilizando scratch, sobre o Cambio Climático e a contaminación.
|
O 26 de novembro a Policía Nacional estivo na Xunqueira 1 dando unha charla sobre o uso e as adiccións ás novas tecnoloxías.
|
Para conmemorar o 25 N escribimos mensaxes nunhas follas que despois pegamos na árbore situada na entrada.
Ademáis estivemos traballando diversos vídeos e lecturas.
|
Os nenos e nenas de 6º estiveron traballando na horta.
Plantaron leitugas e acelgas coa axuda de Raquel, que participa nun proxecto do Concello sobre as hortas dos colexios.
Raquel ensinounos a plantar no bancal as leitugas e acelgas e falounos de como evitar e tratar as pragas de xeito natural.
|
O alumnado de 6ºA participou na actividade de escalada celebrada no rocódromo do pavillón multiusos da Xunqueira.
Esta actividade estivo organizada polo Concello.
|
Celebramos o Magosto comendo castañas e participando en diferentes xogos populares como a chave, a petanca, os zancos, a comba...
|
O martes 9 de novembro, antes de ir celebrar o Magosto, pasamos polo Salón de actos para ler os nosos contos de medo.
|
O alumnado de 6º B realizou un tramo do Camiño de Santiago desde Tomeza ata Pontevedra.
Descubriron moitas cousas sobre os diferentes camiños que levan a Santiago e sobre a importancia deste camiño. Tamén aprenderon moitas cousas da flora e fauna do río dos Gafos.
A actividade estivo organizada polo Concello de Pontevedra.
|
Celebramos o Samaín/ Halloween con disfraces de medo, cancións e bailes.
|
O mércores 27 de novembro participamos nun taller titulado "Caderno de Arquitectura".
Ana e África, membro de Taller Abierto, explicáronnos un montón de cousas sobre a orixe da cidade de Pontevedra.
Con toda a información fixemos unha liña do tempo coa historia da nosa cidade.
|
Ana Bernabeu, profesora na Universidade de Vigo. Visitounos, o venres 24 de setembro, para ensinarnos a mirar as praias con outros ollos.
Analizamos area de diferentes praias da costa española.
|