Skip to Content

VISITA DA LANZADA E A SÚA CONTORNA. 5º DE PRIMARIA E 6º DE INFANTIL.

 

O pasado 10 de maio, o alumnado de 5º de Primaria xunto ao de 6º de Infantil, participaron nunha das actividades propostas no programa VOZ NATURA, que consiste en limpar un pedaciño da praia da Lanzada.

Actividade que se convertiu en toda unha aventura para os nenos e nenas, ademáis de ser un día de convivencia entre grandes e pequenos, foi unha experiencia fantástica, onde quero aproveitar para felicitar ao alumnado de 5º que tan ben coidou dos pequenos, e aos pequenos por ser tan agarimosos cos maiores.

Sen dúbida un día cheo de recordos bonitos para a súa mochila.

 

 

- No autobús todo eran risas...

 

 

 

 

 

 

- Aldea dos Grobits no Grove (Illa da Toxa)...no parque disfrutaron os pequenos pero case máis os maiores...

 

 

 

- Pero sen dúbida, tocar un dos burriños do camiño foi do máis emocionante...

 

 

- Mirador Siradella, cunhas vistas fascinantes...

 

 

 

 

- A merenda foi do máis especial...pequenos e maiores disfrutaron dun merecido descanso...

 

 

 

- Na praia recollimos lixo nun pedaciño, observando a cantidade de porquería que se acumula pola deixadez humana...

 

 

 

- Diaza na Lanzada...

 

 

- Os pequenos tamén recolleron lixo, e aproveitaron para xogar e disfrutar da pequena piscina que se formou e da area, un día estupendo de convivencia como despedida a etapa que están a rematar, pasárono xenial...

 

 

 

 

 

- Sempre recordarán este día de limpeza e convivencia na praia...

 

 



blog | by Dr. Radut