Día do libro 2021

O venres 23 de abril celebramos o día do libro. 

Este ano o equipo da Biblioteca do noso centro, quixo sorprender ao alumnado con unha recreación de portadas de libros feitas polos seus mestres.

Tags: Efemérides, Recomendacións

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 21/22

A partir do día 1 e ata o 22 de marzo estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión do alumnado para o curso 21/22.

Os modelos de solicitude poden pasar a recollelos na secretaría do centro en horario de luns a venres de 13:00 a 14:00 con cita previa (Tlf: 886151473) ou ben descargalos na seguinte ligazón:https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G_2021_2022.pdf

Tamén poden presentar a solicitude a través da aplicación "admisionalumnado"

Xunto coa solicitude hai que presentar a seguinte documentación: 

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a ( Libro Familia, DNI, …)

  • Certificado oficial do expediente académico (agás o alumnado que se matricula por primeira vez)

  • En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador. Neste caso a solicitude terá que estar asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

Para revolver calquera dúbida chamar ao teléfono 886151473 ou enviar un email a ceip.vinhas@edu.xunta.gal

Tags: Secretaría

Día de Rosalía 2021 no CEIP de VIñas

Tags: Efemérides

INFORMACIÓN SOBRE A XORNADA DE ACOLLIDA NO I.E.S DE POIO PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA.

Tags: Novas, Secretaría

RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO A QUE SE ESTEA ADSCRITO.

Estimadas familias: 

Iníciase o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 21/22 para o alumnado de 6º de primaria que o vindeiro curso vaian continuar os seus estudos no IES de Poio.  O prazo presentación das solicitudes será do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro. 

Para presentar as solicitudes deberase seguir algunhas das opción descritas a continuación: 

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
  2. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala en Sede Electrónica.
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro 

Na seguinte ligazón pódese descargar o modelo de solicitude. https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-G_2021_2022.pdf

IMPORTANTE. Chamar ao centro previamente para solicitar cita previa no caso de presentar a solicitude presencialmente.

Tags: Secretaría

PROGRAMA DE NADAL DO CONCELLO DE POIO

No arquivo adxunto atoparedes a programación de Nadal do Concello de Poio, con actividades e animación para todas e todos.

Tamén se pode consultar na páxina web do Concello http://concellopoio.gal/pdf/2020/nadal2020/A3_Programa_Nadal_Poio_2020.pdf

Felices Festas.

Tags: Novas, Nadal

Plan de Continxencia do CEIP de Viñas

Tags: Secretaría

Protocolo de adaptación Covid-19

Tags: Secretaría

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

  • Publicación de listaxes provisionais o 10 de xullo do 2020

  • Reclamacións o 13 e 14 de xullo do 2020

  • Publicación de listaxes definitivas o 15 de xullo de 2020

 

As listaxes poderán consultalas na entrada Centro, na aplicación Fondolibros no apartado para o cidadán (picar aqúi) ou chamando ao centro

(886151473)

Entrega de vales a partir de setembro na reunión de titoría.

Tags: Secretaría

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Aberto o prazo de matrícula para o curso 2020/2021 do 1 ao 10 de xullo.

Documentos a presentar: 

  • Impreso de formalización de matrícula. Pica aquí.
  • Fotocopia do libro de familia (se non se presentou coa preinscripción)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria na que figure a nena ou o neno.
  • Fotocopia das vacinas administradas.
  • Certificado ou informe médico.
  • Autorizacións (en ficheiros adxuntos)
  • Cuestionario sobre a lingua materna (só alumnado que vai cursar 4º de infantil)
  • Autorización Sección Bilingüe (só alumnado que vai cursar 5º e 6º de primaria)

 

Chamar ao centro para solicitar cita previa no número 886151473

Tags: Secretaría