ADMISIÓN ALUMNADO

Tags: Secretaría

Día de Rosalía 2023 CEIP de Viñas

Entroido CEIP de Viñas 2023

Saímos a cociñar ao Carlos Oroza

Nadal CEIP de Viñas 2022

25N no CEIP de Viñas. Nin unha máis!

Samaín 2022 no CEIP de Viñas

Este venres pasado tivemos un día terroríficamente bonito. O centro encheuse de ambientes de Samaín polos corredores, de contos e de diabliños disfrazados. Aquí vai unha pequena mostra do ben que viñeron alumnado e mestrxs. 

Plan Dixital do centro

Implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos de Galicia.

En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensinoaprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital do Centro.

Comezamos a implementación coa proposta adxunta

 

Publicación de listaxes de fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición de libros de texto e material escolar.

Estimadas familias.

A partir de hoxe está publicada a listaxe provisional de fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

Pode consultarse no Centro ou na aplicación fondolibros no apartado de Cidadán. FONDOLIBROS

O período de reclamacións será o 12 e 13 de xullo. 

A listaxe definitiva publicarase  o 14 de xullo.

 

Un saúdo. 

O Equipo Directivo.

Listaxe de libros de texto. Curso 22/23

Estimadas familias,

no documento adxunto podedes consultar a relación de libros de texto para o curso 2022/2023.

Tags: Secretaría