Segundo a tradición Celta, a noite do 31 de outubro separaba o verán do inverno e confundía o mundo dos vivos co mundo dos mortos. Din que bruxas, meigas, demos, fadas, defuntos e unha longa procesión de seres sobrenaturais retornan esa noite. Algúns diranvos que os trasnos, as meigas e as pantasmas non existen pero iso é o que pensan os maiores e sabedes por qué? Por que nalgún momento foron enfeitizados polo sacasoños. O sacasoños é xefe dun grupo de monstros malvados dos que descoñecemos a súa identidade. O sacasoños aliméntase da fantasía, das ilusións, das esperanzas e da alma que vive segundo a tradición castrexa nas cabezas dos cativos. Apodérase da súa imaxinación e logo co tempo os nenos e nenas esquecen as cousas nas que tanto crían e que tanta ilusión lles facía e nunca máis acadan volver a crer.
O sacasoños e o seu grupo de monstros ameazan con estender o medo por todo o CEIP de Vilar de Barrio e por todo o mundo, se o medo nos domina, a imaxinación e a aventura desaparecerán. Así que teredes que atopar os monstros e aplicarlle a dose de poción máxica.
Se o acadamos neste día de SAMAÍN teremos desmontada a súa organización e por este ano estariamos a salvo.