Escola de Nais e Pais (ENAPAS)

ENAPAS: Acompañamento emocional da crianza intensa en familia

Enviado por admin o Mér, 20/01/2021 - 14:34

Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA deste curso que será o próximo LUNS 25 de XANEIRO de 17:30 a 19:30 e correrá a cargo de Xoana Pintos Castro educadora social, experta en intelixencia emocional e mediadora familiar con ampla experiencia na xestión do conflito e formadora de habilidades sociais.

 

Nela expoñeranos como acompañar ás nosas crianzas cando amosan comportamentos intensos, desafiantes e/ou explosivos sen perder a calma no entorno familiar. 

Trátase dunha charla na que se aportarán ferramentas para afrontar situacións tensas e realizaremos varios exercicios prácticos polo que é convinte ter material para escribir, xa sexa lapis e papel como algún procesador de textos.  

 

Como xa comentamos a principal novidade deste curso é que o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.

 

Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso ao seguinte correo: 

 

enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com

 

 

 

 

 

ENAPAS: Natureza como espazo de xogo no patio

Enviado por admin o Mér, 04/11/2020 - 13:58

 

Comezamos as ENAPAS do curso 2020/2021 o vindeiro LUNS 23 DE NOVEMBRO DE 17:30 A 19:30, a través da aplicación CISCO WEBEX.

 

A cargo de Araceli Abalde Fernández, enxeñeira forestal e paisaxista e Mar Penela López, arquitecta e profesora especializada no acompañamento de procesos de transformación e renaturalización dos espazos educativos.

 

Xuntas explicarán a importancia da NATUREZA COMO ESPAZO DE XOGO NO PATIO. Tamén explicarán o porqué e o como do proxecto de modificación do noso patio.

Inscricións en enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com

 

 

 

ENAPAS: Outra mirada sobre a xestión da conducta

Enviado por admin o Lun, 04/11/2019 - 20:00

Xa temos preparada a segunda das nosas ENAPAS que  será o próximo luns 11 de novembro de 17:30 a 19:30, a cargo de Dagmar Gabriela Nedelcu, doutora en psicoloxía e experta en xestión de conduta.

Recordade que contamos con servizo de ludoteca a cargo da empresa En Pé,  o custo da mesma será de 4€. Precisamos inscrición para poder organizar o espazo que necesitamos.

Distribuir contido