ENAPA: "Emprego das Redes Sociais. Xestión de Contidos e Bulling na Rede"

Enviado por admin o Xov, 15/12/2022 - 09:15

Prezadas familias:

Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA:
"Emprego das Redes Sociais. Xestión de Contidos e Bulling na Rede"

Será o próximo luns 19 de decembro de 2022, de 17:30 a 19h.

Correrá a cargo de Miguel Calvo, asesor do Equipo de Orientación Específico de Pontevedra, na especialidade de Conduta.

Na charla trataremos aspectos básicos sobre:
Emprego das RRSS,
Xestión de Contidos,
Bulling na rede.

Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito presencial, na aula de Enapas, a cal se accede pola porta esquerda do colexio e está no andar cuarto.

Este ano non precisamos inscrición para poder asistir ao relatorio, a entrada será libre ata 40 persoas.

Tamén haberá un servizo de ludoteca que terá un custo de 4€ por peque e pagarase en efectivo á persoa que este na ludoteca, de precisar este servizo haberá que enviar un correo ao email da ANPA:
anpavalleinclan@gmail.com

Agardamos vervos o luns 19.

AdxuntoTamaño
86E1357F-5F3A-4DDC-BB43-5E5DCF95838E.jpeg918.79 KB