INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO: RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN

Dende o día 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro, está aberto o prazo para realizar a reserva de praza no centro de adscrición (IES de Mugardos), para o alumnado que cambia de etapa educativa.

As solicitudes deberán presentarse na secretaría do noso centro os martes e venres de 09:00 a 09:50 horas, e o martes pola tarde de 16:00 a 17:00 horas, ou telemáticamente,  a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), utilizando o menú: solicitudes- reserva- crear.

As familias que non queiran facer reserva  no centro adscrito, deberán solicitar praza para os/as seus/súas fillos/fillas no centro da súa elección entre o 1 e o 20 de marzo.

BO NADAL!

O profesorado do CEIP Plurilingüe Unión Mugardesa, quere desexarvos a todo o alumnado e familias, unhas felices festas e próspero 2023.

 

 

SAÍDAS

Durante o primeiro trimestre realizamos diferentes excursións, que nos permiten desfrutar e aprender de diferentes ámbitos culturais, artísticos e deportivos. Visitamos a exposición "Ferrol no tempo", na sede de Afundación en Ferrol, asistimos a diferentes obras de teatro no auditorio de Narón e na sede de Afundación, participamos nunha actividade de remo proposta pola escola de remo do Club do Mar de Mugardos, fixemos campo a través no estadio Municipal de Río Seco en Narón, e visitamos o Museo Caldoval.

 

PLAN DIRECTOR

Como cada curso, participamos no "Plan Director" organizado pola Garda Civil. Este Plan pretende previr calquera risco que afecte á seguridade e o benestar d@s nos@s menores, na escola e na súa contorna. O alumnado de 5º e 6º recibiron formación e información preventiva en torno ás seguintes temáticas: Violencia de xénero, riscos de internet, e acoso escolar.

25N

Para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller,  participamos na andaina organizada polo Concello de Mugardos para os centros educativos do mesmo. Ao remate da mesma, na plaza do Concello, levouse a cabo a lectura dunha declaración institucional, a celebración dun minuto de silencio, e o lanzamento de globos simbólico. 

Tamén realizamos no centro distintas actividades, entre elas, un baile para a canción de Sofía Espiñeira "Non teño medo".

 

A ESFOLLA

No seguinte vídeo recollemos unha xornada chea de aprendizaxes, convivencia e celebración das nosas tradicións. A nosa esfolla e Magosto.

Grazas á asociación Apelón é a ANPA pola vosa colaboración!

CANDIDATURAS PRESENTADAS NOS DISTINTOS SECTORES PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas dos pais/ nais, persoal de administración e servizos e profesorado, ao Consello Escolar, proclámanse as seguintes candidaturas presentadas.

CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR NAIS/PAIS

CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR PROFESORADO

Nestas eleccións elixiranse un/unha representante das familias, un/unha respresentante do persoal de administración e servizos e tres representantes do profesorado.

O vindeiro martes, 29 de novembro de 2022, terán lugar as votacións para a elección dos pais/nais, na aula de informática, no seguinte horario:

De 09:00 a 09:30 horas, de 13:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 16:30 horas

SAMAÍN NA RÚA

A continuación, vos deixamos un mapa co roteiro en dónde poderedes atopar as cabazas expostas:

Agardamos que o pasedes de medo nesta noite tan especial!

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Durante o mes de novembro deste ano procederase á renovación parcial dos membros do Consello Escolar dos centros de ensino de Galicia.

No seguinte cadro recóllense as fases xerais do proceso:

Dende a dirección do centro, animámosvos a que participedes neste proceso tanto como candidatos/as coma electoras/es. Lembramos que o Consello Escolar é un órgano fundamental no goberno da nosa vida educativa. Por conseguinte, é moi importante que todos os sectores estean ben representados.

Ao longo das próximas semanas recibiredes máis información. Para calquera outra consulta, estamos á vosa disposición no centro.

CONCESIÓN DIRECTA DA AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

As persoas que xa foron beneficiarias da axuda para adquirir material escolar por importe de 50 Euros, ao abeiro da orde do 29 de abril de 2022, percibirán unha contía individual de 25 Euros adicionais, tal e como se publicou no DOG de hoxe (RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022).

Podedes recoller os vales na secretaría do centro, nos días e horas que se indican a continuación:

MARTES: de 09:00h a 09:50h e de 16:00h a 17:00h

VENRES: de 09:00h a 09:50h

Distribuir contido