OBRADOIRO SOBRE ELABORACIÓN DE CREMA DE PROTECCIÓN SOLAR

Alumnado de quinto e sexto de primaria tiveron un obradoiro sobre elaboración de crema de protección solar con ingredientes naturais, e a importancia de protexer a nosa pel.

UTILIZACIÓN DE DIVERSOS RECURSOS MATERIAIS DO POLO CREATIVO

Utilización de material de refugallo para a creación de elementos de costrución, e práctica de motricidade fina en educación infantil (ambiente de arte).

Utilización do Kapla

Kits de máquinas simples 

Utilización do banco de carpinteiro para realizar estampado ecoprint.

Etiquetaxe de diferentes plantas e árbores (educación infantil).

 

XORNADA DE COLPBOL EN SANTA ICÍA (NARÓN)

Alumnado de quinto e sexto de primaria participaron nunha xornada na que practicaron colpbol con centros educativos de Ferrolterra.

ACTIVIDADE COA FP BÁSICA DE "AGROXARDINARÍA E COMPOSICIÓNS FLORAIS", DO IES DE MUGARDOS

Dentro do noso proxecto de centro, adicamos un importante esforzo a identificar plantas da nosa contorna, investigar sobre as súas características, os coidados que precisan, e recoñecer a importancia que teñen no noso día a día.

Grazas á colaboración do profesorado e alumnado da FP Básica de "Agroxardinaria e composicións florais", o alumnado de educación infantil, aprendeu un pouco máis sobre plantas. Escoitaron un conto relacionado coa temática, fixeron sementeiras de chícharos e cabazas de Samaín, e modificaron un pequeno espazo do centro dándolle vida cun xardín de plantas aromáticas.

DEPORTES NAÚTICOS EN ARES

O alumnado de sexto de primaria realizou deportes naúticos no Porto de Ares. Esta actividade é realizada dentro do programa Xogade.

 

VISITA DO ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA AO IES DE MUGARDOS

Como parte do programa de transición á etapa de Educación Secundaria, coordinado polos departamentos de orientación  noso centro,o CEIP Santiago Apóstolo, e do IES de Mugardos, realizamos unha visita ao instituto co fin de que a promoción de sexto curso de primaria coñeza como vai ser a nova etapa.

O director Serafín, a orientadora Isabel, e alumnado de 1º da ESO, explicou ao alumnado as características e experiencias na nova etapa. Tamén tivemos tempo para levar a cabo un xogo cooperativo cos/coas novos/as compañeiros/as, visitar as instalacións, e merendar na súa cafetería. 

Queremos agradecer ao IES a organización da xornada.

 

O GALEGO DA MOITO XOGO

Alumnado de sexto de primaria participou na actividade con alumnado do CEIP Santiago Apóstolo, e do 1º curso da ESO do IES de Mugardos.

A actividade consistía na elaboración de carteis sobre Francisco Fernández de Riego, autor homenaxeado polas letras galegas, e unha xincana de xogos tradicionais. 

Actividade física, convivencia e lingua, é o resultado dunha actividade na que o alumnado desfrutou moito.

 

ACTIVIDADE DE REMO

O alumnado de 4º e 5º de primaria practicaron remo. Dita actividade foi organizada polo Club do Mar de Mugardos, dentro do programa Xogade, a través do cal podemos coñecer diversos clubes e prácticas deportivas da contorna.

 

MAIOS E LETRAS GALEGAS

Participamos na celebración dos maios e das letras galegas organizado pola Asociación Apelón e o Concello.

En primeiro lugar, o alumnado de 1º a 5º de Educación Primaria, desfrutou da obra con monicreques "A viaxe feliz de Ramón Sanfiz". Esta peza está inspirada no libro "Galicia" de Francisco Férnández del Riego (autor homenaxeado polas letras galegas).

A continuación, elaboramos os maios no Cantón de Cora xunto co alumnado da FP Básica de xardinería do IES.

 

Distribuir contido