Estimados pais e nais:
Como sabedes, a ANPA do centro, en colaboración co Concello de Bueu, seguirá xestionando o funcionamento do comedor e do plan madruga no colexio, servizos que pensamos son básicos para permitir a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais.
As actividades e servizos ofertados teñen bonificación para os socios da ANPA, os restantes usuarios deben abonar o custo por gastos de xestión.
Para facerte socio da ANPA tes que pagar unha cuota anual de 15€ en forma de pagamento único para todo o curso e por unidade familiar, independentemente do número de fillos/as que teñades no centro.
Con esta cuota terás ademais dereito á reducción nas mensualidades das cuotas das activiades extraescolares. O ingreso farase na conta que a ANPA ten en BANCO SANTANDER, indicando claramente o nome e apelidos do alumno/a.
CONTA Nº: ES40 0238-8278-96-0602657524
Vos recordamos os custes:
PLAN MADRUGA: de 7:45 h. a 9:30 h.
FIXOS E FIXOS DISCONTINUOSEstablécese un PAGAMENTO FIXO MENSUAL, independentemente da hora de chegada ao centro dos nenos/as |
ESPORÁDICOS Establécese unha cuota única, independentemente do horario. |
5 días á semana: 25 € (Socios ANPA) 4 días á semana: 20 €(Socios ANPA) 3 días á semana: 15 €(Socios ANPA) 2 días á semana: 10€(Socios ANPA) 1 día á semana: 5€(Socios ANPA)
Todos os prezos refírense á cantidade mensual, por exemplo, a cuota 5 días a semana cubriría tódolos días do mes por 25 euros. Os non socios verán incrementada calquera das cuotas mensuais en 10€ |
DÍA 2 € socios da ANPA. DÍA 4€ non socios. |
Os pagamentos cargaranse no nº de conta facilitada na ficha entregada ao catering |
O cobro farase no momento de deixar o neno/a. |
ALMORZO
O custo do almorzo fíxase en 0.50€ para os Socios da ANPA e 1.00€ para os Non Socios.
Os gastos do almorzo achegaranse ao final de mes con recibos persoais que se aboarán á monitora.
Os usuarios esporádicos aboarán o custo o memos día.
COMEDOR: DE 14:30h. A 16:00h.
Para comunicar unha alta ou unha baixa (que un neno/a vaia comer ou vaia deixar de facelo) debe avisarse con 24 horas de antelación, é dicir antes das 14:00 h do día anterior, chamando ao teléfono de "Arelas" 986 408 151. É tamén necesario, avisar aos profesores do centro para organizar a recollida dos nenos polas coidadoras, o teléfono do colexio é 886 151 111.
Cando se padeza algunha alerxia de tipo alimentario achegarase un certificado médico que a especifique.
O prezo do servizo é de 3.50€ para os socios da ANPA, e 8.20€ para os non socios. As formas de pago son:
- Os fixos ou fixos discontinuos: O día 5 do mes seguinte ó do uso do servizo de comedor, domiciliarase o recibo na conta indicada no impreso de inscrición. Se o recibo fose devolto polo banco, a familia terá que facer efectiva a cantidade resultante da suma do recibo devolto máis os gastos de devolución.
- Os comensais esporádicos: O abono poderá ser na conta indicada no impreso ou abonalo inmediatamente co servizo.
Un saúdo.
A directiva da ANPA do CEIP da Torre-Cela.
Cela 12 de setembro de 2019