CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
A directiva ANPA CEIP DA TORRE-CELA convoca a tódol@s soci@s segundo o disposto nos estatutos actuais, a unha
Asamblea extraordinaria o vindeiro Venres 15 de novembro ás 17.00h en primeira convocatoria e ás 17.30h en segunda
convocatoria, tendo como
ÚNICO PUNTO NA ORDE DO DÍA
Actualización e Modificación dos Estatutos actuais.
(A necesidade de modificación ven dada por un imperativo da Xunta para poder realizar o cambio da
directiva. A proposta de modificación dos estatutos poderase atopar neste enlace Estatutos, e na conserxería
do Centro onde tamén atoparedes os estatutos antiguos para a súa consulta. Calquer comentario recibido dos
asociados respecto a proposta de modificación será debatido na Asamblea e tamén a súa posible incorporación
ao texto definitivo, que se aprobará na Asamblea Extraordinaria).
Rogamos máxima asistencia xa que na mesma se aprobarán os novos Estatutos da Asociación.
Un saúdo para as familias.