Skip to Content

OBRADOIROS PARA CREAR E DIVERTIRSE NUN DÍA DE MEEEEDO

 
 
 
 
O xoves 28 de outubro, na biblioteca do centro, unha amiga moi especial contou a todos os nenos e nenas como se celebraba o Samaín en Tirán, cando ela era pequena. Os cativos prestáronlle moita atención e foron cautivados pola historia, contada por Mariluz, a quen eles coñecen moi ben.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 O día da celebración do Samaín e Halloween, organizáronse obradoiros nos que se repartiron aos nenos/as en grupos cun alumno maior encargado dos pequenos.
 
OBRADOIROS para aprender a facer o gorro da "Witch" ou bruxa, que poideron levar para casa.
 
 
 
 

 

 

 

OBRADOIROS para crear  MARCAPÁXINAS e  facer voar a imaxinación, ca vasoira da bruxa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIROS DE MAQUILLAXE nos que tanto mestras coma cativos divertíronse  do lindo.

 

 

 

 

 

 

 

¡Que ben quedaron as piñatas!

Todos os nenos e nenas organizados en grupos crearon e decoraron a súas piñatas, que  logo se encheron dos seus doces favoritos...

 

...Para despois rompelas e apañar canto máis mellor.

 

 

 

 

 

 

QUE MEDOOOOO!!!!

Ao colexio chegou unha grande araña moura, que controlou todos os acontecementos dende a súa tea...

Non se sabe como chegou alí o esquelete do cole "Manolito"...

Bueno, despois do Magosto a faremos desaparecer.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     Todo estaba preparado para dar conta dos doces que as familias prepararon, coma todos os anos.  Degustáronse antes de romper as piñatas, que porían fin a tan divertido e tétriiiico día.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut