Skip to Content

MAGOSTO

   Coma todos os anos celebramos o Magosto, o día 7 de novembro de 2008,  coas seguintes actividades: 

  • Exposición de castañas decoradas:    Ao igual que se fixo na festa do Samaín coas cabazas, os nenos/as trouxeron unha castaña decorada para expoñer na entrada do centro.
  • Día do peón    Na fraseoloxí­a galega faise referencia a este xogo en dous refráns tais como “Polo San Martiño, peóns ao camiño” e “Polo Santo Amaro, peóns ao faiado”, por iso é tradicional celebrar simultaneamente o Magosto e o Día do peón. Animamos a todos/as a traer peóns, buxainas, trompos…, e xogaron con eles no patio.
  • Degustación de castañas e postres típicos:    O día 7 tod@s (pais, nais, avós, avoas, mestres, mestras, nenos, nenas) degustamos postres típicos feitos con produtos da tempada e tamén castañas.


page | by Dr. Radut