Skip to Content

CROSS TIRÁN 2011

Outra vez foi un éxito o CROSS Tirán, nesta edición anotáronse máis participantes que o ano pasado. As carreiras menos populosas, as dos pequerrechos, enchéronse de nenos/as e familiares de todos os arredores de Moaña, Vigo, Porriño, Mos e Cangas, que incluso o mesmo día, agardaban na cola para poder participar.

 

 

 

 

 

 Rapaces e maiores ateigaban o acceso ao colexio, onde todos recollían a bolsa  con auga, bocadillo e regalos que moitos establecimentos de Moaña e arredores doaron para ser regalados ou sorteados ao final do Cross.

       

  Gracias aos deportistas por participar, as nais e pais creadores e colaboradores do evento, xa que sin eles non poderíamos disfrutar co deporte que iguala a novos e anciáns, ricos e pobres, alumnos/as e mestres/as, pais e nais e fillos/fillas... 

A todos un aplauso por apostar polo saudable e compartir boas costumes en familia, nun ambiente festivo e moi caluroso.

Esperámosvos no 2012.

 

 



page | by Dr. Radut