RESERVA ADMISIÓN E MATRICULA DE ALUMNADO CURSO 2018/2019

 

NORMATIVA:

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

CENTRO  DE ADSCRICIÓN: IES BASANTA SILVA

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA

1.       Reserva de praza no centro de adscrición mediante a presentación do Anexo I da Orde no centro de orixe (exclusivo para o alumnado dos centros adscritos): 1-15 de febreiro, ambos os dous incluídos.

A reserva pode realizarse da seguinte forma:

1.De forma presencial no centro

2.Online: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.
  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 

2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN

4.       Presentación da solicitude de admisión (para alumnado novo que non fixo a reserva, e para alumnado  procedente doutros centros ou alumnado dos anteditos centros adscritos que non solicitaran a reserva no prazo indicado): 1-20 de marzo.

5.       Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 23 de marzo ao 9 de abril, ambos os dous incluídos.

 

6.       Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

7.       Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

8.       Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

ACLARACIÓN:

1º Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad‐ misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN PARA ADMISIÓN:

A solicitude de admisión pode realizarse da seguinte forma:

 

1.De forma presencial no centro

2.Online: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.
  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 

 

3ª FASE: MATRÍCULA

10.   Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 2 de xullo (por ser o 30 de xuño día inhábil). Anexo III da ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

A formalización da matrícula  pode realizarse da seguinte forma:

 

1.De forma presencial no centro

2.Online: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.
  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 

 

AREAS DE INFLUENCIA.

Para saber as áreas de influencia do centro, comunicarse coa dirección do mesmo.

 

 

 SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO

 

-TRANSPORTE ESCOLAR

-COMEDOR ESCOLAR DE XESTIÓN DIRECTA.