Skip to Content

Programa: Cinema con Perspectiva

O noso centro participa no programa da Consellería de Educación  "Cinema con perspectiva".

Hoxe tivo lugar esta actividade que consistiu na proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero e que ten como obxectivo fomentar entre o alumnado a reflexión sobre o papel da muller na sociedade, a violencia de xénero e as desigualdades. Unha vez concluída a proxección desenvolveuse un coloquio  moderado por Nerea Lores para estimular a capacidade reflexiva e analítica do alumnado sobre os valores e as mensaxes ocultas en materia de igualdade presentes nas filmacións.



page | by Dr. Radut