Os equipos benxamíns e alevíns do colexio participaron en maio no Campionato Provincial de Voleibol quedando ambolos dous como novos CAMPIÓNS PROVINCIAIS.
NORABOA!!!!
O equipo alevín representará a provincia de Pontevedra no Campionato Autonómico a celebrar o próximo día 1 de xuño na cidade de Lugo.
Todos os días despois do recreo, adicamos quince minutos á lectura en todas as clases. Encántanos ler contos, poesías, libros de aventuras e viaxes, de natureza e cencias, atlas e ata diccionarios…Descubrimos historias fascinantes que nos regalan escritores moitas veces pouco ou nada coñecidos, pero sempre importantes.
No 2012 naceu a Escola de Voleibol. Participamos no Campionato Provincial con tres equipos benxamíns e un alevín e tamén organizamos cinco xornadas no Pavillón de Sárdoma. Durante o presente curso esperamos consolidar esta actividade.
Os nenos/as de 1º e 2º seleccionaron algunhas das novas que lles pareceron máis interesante e das que fixeron un debuxo. Tamén gravaron novas que lles gustaría a eles ler na prensa.
Co comezo do novo ano queremos desexarvos un feliz ano novo e agradecervos a colaboración e participación no festival e actividades do Nadal. Tedes os vídeos das actuación dos vosos nenos e nenas nos blogues de infantil e música e aquí vos deixamos unha pequena mostra diso. Danza dos nenos e nenas de primaria, do obradoiro de baile de extraescolares que se titula "Santa Claus llegó a la ciudad" e tamén o "Capitán de madera" de teatro.