Skip to Content

Xaneiro 2022

Día Escolar da non Violencia e da Paz 4º Educación Infantil

Para conmemorar o Día Escolar da non Violencia e da Paz os nenos e nenas de tres anos estivemos coñecendo un conto moi divertido chamado Elmer. Este elefante non só ten a pel de cores e é o mais divertido e enxeñoso de toda a manda senón que nos ensina valores tan importantes como aceptar as diferenzas, o respecto e a amizade. Ademais de profundizar no conto decidimos face este mural tan chulo.

      

E, por suposto, coñecimos os símbolos da paz da mellor maneira posible. Seguimos mellorando a nosa psicomotricidade fina tan importante nesta etapa. Botade unha ollada que xa o facemos moi ben.

Proxecto "O Mundo Polar" 4º Educación Infantil

Os nenos e nenas de tres anos despois de voltar das vacacións de Nadal comezamos novo proxecto para traballar neste segundo trimestre: "O mundo polar". Temos moitas ganas de descubrir moitas cousiñas do polo norte e do polo sur. O noso amigo, o monstro das cores comezou por deixarnos unha carta e algunhas cousiñas para comezar coas novas investigacións. Mirade!!!


Ademais, xa fixemos o noso primeiro experimento para descubrir a neve polar, pasámolo xenial. 

 

Seguirémosvos contando como van as nosas aprendizaxes. Temos moitas ganas de continuar coas seguintes misións. Ata pronto.

 

Autotest positivo

RECORDADE a Xunta de Galicia, na páxina web do Servizo Galego de Saúde facilita o formulario para comunicar un positivo, é necesario que o comuniquedes para poder axilizar e facilitar as medidas preventivas oportunas. 

 



 

                           

by Dr. Radut