Skip to Content

Marzo 2020

Continuación actividades 4º primaria

Pinchando encima de cada imagen, podéis descargar la ficha y os saldrá en vertical 

Proposta de actividades

Bo día.

Envío nova proposta para os nenos de infantil.

Un saúdo. 

Natalia

Actividades

Mando estes traballos de matemáticas e comprensión lectora para que sigades traballando esta semana. Sabedes que tamén tedes o libro de lecturas na casa para seguir traballando con el.

Un saúdo a todos/as.

Actividades para o martes 31

¡Hola a todas y a todos!
¿Cómo vamos con los relojes? Necesitamos un repasillo ¿verdad?
- Repaso de las horas. Copia la ficha de los relojes y fíjate bien. A continuación copia y aprende la siguiente adivinanza relacionada con esta actividad:

Dos grandes remos
están señalando
a doce hermanitas
que siempre van pasando.
¿Qué es?

Puedes decírsela a algún familiar.¡A ver si lo adivina!

- Tabla del 6. ¿Ya la sabes? Si es así, la ficha del adjunto te resultará  fácil.
- Lectura y actividades.

                                                                ¡Cuidaos!                                                           María José

Tarefas

Ola!!

Envío unhas serie de tarefas para traballar durante esta semana. Son moi faciliñas, picando enriba do teu curso poderás visualizalas. 

Inclúense 2 grupos de tarefas:

Actividades 6º Ed. Infantil

Bos días familias, xa imos a pola terceira semana de confinamento, así, achégovos unha variedade de actividades para facer máis levadeiros estes días.

Unha aperta moi grande.

 

Eva

Actividades para o luns 30 de marzo

Ola a todos e a todas!

Comeza a semana e hai que voltar ao traballo. 
Na noite do sábado ao domingo tivo lugar o cambio de hora: ás dúas pasaron a ser as tres. Seguro que na casa xa cambiastes os reloxos. Pois ben, aproveitamos esta circunstancia para coñecer ben o reloxo e o seu funcionamento.
Se tedes un ordenador, premede aquí: https://clic.xtec.cat/projects/elreloj/jclic.js/index.html para aprender xogando.

-Copiade con boa  letra esta adiviña, resolvédea e facede un debuxo chulo. Pista: é algo relacionado coa actividade anterior.

                                         Teño agullas e non sei coser,
                                          teño números e non sei ler.
                                          Quen son?

-Podedes aprendela e dicirlla a alguén da familia. Saberán resolvela?

-Táboa do 6. 

-Lectura e actividades.

                                                     Sede responsables e ÁNIMO!                                                        María José

Axudas económicas comedor escolar COVID-19

As familias cuxos fillos asistan ao comedor escolar de xeito gratuíto ou pagando 1€, terán axudas económicas durante este período de estado de alarma.

Estas familias recibirán unha compensación económica do custo diario do menú por comensal, percibindo:

  • 2,50 € no caso do alumnado que asistía con gratuidade total
  • 1,50 € para o alumnado que paga 1€.

Esta medida cubriría dende que se iniciou o Estado de alarma é dicir, dende o día 16 ata o 31 de marzo: 11 días lectivos.  No mes de abril dende o día 1 ata o 3 de abril: 3 días lectivos.  En caso de prórroga cubriría os días lectivos pertinentes e faríase un segundo pagamento.

 

Para poder obter esta axuda, é preciso presentar unha solicitude dende o día 31 de marzo ao 6 de abril, ambos inclusive.  A presentación desta tramitación, é posible, de dúas formas:

·       

Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (necesario certificado dixital ou a chave365)

·       

Facilitar á dirección do centro –por vía telefónica 982828164 ou a través dun correo electrónico ceip.sanxoan@edu.xunta.es- os seguintes datos:

  •  DNI ou NIE do pai/nai ou titor legal.
  •  Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería.
  •  Nome e apelidos do pai/nai ou titor/a; nome, apelidos e curso do fillo/filla.
  •  Número de conta bancaria no que se quere percibir o aboamento.

A resolución saíra en 10 días desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes, e o pago efectuarase nos seguintes 5 días dende que saia a resolución.

 

No seguinte enlace podedes consultar toda esta información, de xeito máis detallado ORDE do 27 de marzo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento

abalarMóbil

Queremos informarvos da aplicación que vos permitirá consultar información dos vosos fillos a través do teléfono móbil.  Desta forma, podedes consultar os posibles avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro. 

abalarMóbil é unha aplicación gratuíta e sinxela de instalar (podedes consultar o arquivo adxunto) a través da cal podedes:

  • Acceder aos datos persoais.
  • Consultar as cualificacións.
  • Solicitar unha cita ou titoría…

Estas son algunhas das funcións que nos ofrece pero podedes consultar toda a información picando na imaxe anterior.  

 

Se ten algunha consulta ou incidencia relacionada coa aplicación abalarMóbil, cumprimente o formulario que aparece na seguinte ligazón. AQUÍ 



 

                           

by Dr. Radut