Iniciar sesión: Acceso

Complementarias e extraescolares

Blog do departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares

 Como cada fin de curso tocou despedir a unha xeración de estudantes, neste caso á 2025-2024.

O profesorado e alumnado do centro quixeron agasallarlles con cun bonito acto onde se lles transmitiu todo o agarimo que se lles ten.

Na seguinte lista de reprodución podedes vela.

 

O noso centro participa no programa educativo Observa Acción, organizado polos Centros de Formación e Recursos da Consellería de Educación.

Consiste na colaboración entre dous centros educativos da comunidade que teñen que intercambiar visitas e experiencias. No noso caso, as nosas compañeiras de viaxe foron as mestras do Ceip Concepción Arenal da Coruña.

Tras visitar o seu centro e compartir unha xornada de traballo, tocounos realizar a xornada de acollida e mostrar as nosas instalacións e dinámicas de traballo.

Destas xornadas de observación saíron colaboracións e ideas interesantes para mellorar a práctica docente nos dous colexios.

Na seguinte presentación poderás acceder a toda a información sobre o punto laranxa.

 

 As inclemencias climatolóxicas impediron que este ano sairamos polas rúas de Cambados coa intención de animar a vila e poder compartir con toda a veciñanza os nosos disfraces.

Sen embargo, o noso alumnado non quedou sen festa e adaptámonos ás circunstancias facendo un desfile pola escola e degustando doces típicos de Entroido.

Premendo na imaxe podedes ver imaxes dos diferentes disfraces.

 

 

 

 Este ano celebramos o Día da Paz nun lugar moi significativo do noso barrio e da nosa vila: o asilo.

Queremos agradecer a boa disposición que nos atopamos para poder celebrar nos xardíns o acto para esta conmemoración.

Premendo na imaxe, pódeses acceder a un álbun de fotos e, máis abaixo, deixamos unha lista de reprodución con vídeos do realizado.

 
 

 

 

 Como cada ano, o salón Peña vestiuse de gala para celebrar o Festival de Nadal do cole, onde todas/os as artistas que temos puideron amosar todo o seu talento.

O traballo realizado e os ensaios deron o seu froito e todo saiu moi ben.

Se queredes ver imaxes da xornada, premede na imaxe.

 

 

 

 O mércores, e sen previo aviso, recibimos a visita dos Reis Magos, que agasallaron ao alumnado con chuches e comprobaron que todas e todos enviaran correctamente as súas cartas.

Premendo na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos da xornada.

 

 

 

Agradecemos á ANPA Os Olmos o traballo realizado para que esta visita se levase a cabo.

No mes de novembro celebramos o magosto no colexio. Tivemos un día moi especial con xogos populares e castañada. 

Pasámolo moi ben!! 

Podedes acceder ao álbum de fotos facendo click na imaxe. 

Este martes 31 de outubro celebramos no cole o Samaín.

Exposición de cabazas, bailes preparados na aula de música e lectura de contos na biblioteca terrorífica foron parte deste día especial. 

Facede click na imaxe para poder acceder ao álbum de fotos:

 Tamén vos deixamos a continuación a lista de reprodución dos bailes realizados:  

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.