Skip to Content

Actividades

Observa acción

O noso centro participa no programa educativo Observa Acción, organizado polos Centros de Formación e Recursos da Consellería de Educación.

Consiste na colaboración entre dous centros educativos da comunidade que teñen que intercambiar visitas e experiencias. No noso caso, as nosas compañeiras de viaxe foron as mestras do Ceip Concepción Arenal da Coruña.

Tras visitar o seu centro e compartir unha xornada de traballo, tocounos realizar a xornada de acollida e mostrar as nosas instalacións e dinámicas de traballo.

Destas xornadas de observación saíron colaboracións e ideas interesantes para mellorar a práctica docente nos dous colexios.

Arqueoloxía en San Tomé

Case por casualidade descubrimos que o Concello de Cambados tiña un arqueólogo con moitas ganas de transmitir os seus coñecementos aos nenos da vila, e así foi como nos puxemos en contacto con Ángel -este é o seu nome- para que viñera ao colexio e dese xeito comezar unha aventura que confiamos que non se limite so a este curso.

No blog "Lectoriño" hai dúas entradas que explican mellor as actividades que se están a levar a cabo.

- Unha importante precisión

-Pequenos arqueólogos

Semana de experiencias de electricidade

Dende o 8 de abril ata o 17 deste mesmo mes levaremos a cabo no colexio unha serie de experiencias relacionadas coa electricidade. A celebración desta "Semana da electricidade" ten quever directamente co proxecto "Os faros e a luz" e a bo seguro que deixará imaxes gravadas na cabeza dos nosos alumnos.

Para coñecer o programa completo podedes visitar a seguinte entrada no blogue da biblioteca:

Programa

As diferentes actividades (fotos e vídeos das experiencias) tamén se irán colgando en Lectoriño

Semana da Ciencia

O luns 17 comezou no colexio a Semana da Ciencia; dedicada á luz, á óptica, á visión, etc.

Para impartilas contamos cunha descoñecida versión da profe Elvira, que converteuse na nosa particular Flipy.

Para seguir esta nova con máis detalle podes acceder ao blogue da Biblioteca na parte dereita da páxina

Os nenos de Infantil ensinan Educación Vial

Como ben di o título da nova os máis pequeniños do cole están pasando polas aulas de Primaria para repartir uns folletos que eles mesmos elaboraron cunha temática moi interesante:Educación Vial.

Durante o primeiro trimestre foron partícipes de diversas actividades de aprendizaxe (sesións na aula, visita da Policía Local...) e agora deron o paso de compartir o aprendido cos compañeiros de Primaria.

Na iamxe vemos como fixeron entrega do folleto.

Mariña Dolado gaña o concurso de postais de Nadal

Como ben di o título da nova, temos unha gañadora no cole. Preme aquí para ver a nova

Armouse o Belén: a película

Xa podedes disfrutar das dúas versións da película "Armouse o Belén" (en color e en sepia),

premede no título para velas.

Aproveitamos para informar que os vídeos do Festival serán subidos durante esta fin de semana.

Bo Nadal a todos e todas

Anuncio e Tráiler

Como complemento ás dúas publicacións anteriores (anuncio e tráiler dunha película) queremos que vos realicedes as seguintes preguntas:

- Aportan algunha información? Algún dato?

- Pódese entrever algunha pista nalgún deles?

- Fomentan a intriga e o interese?

- Déixanvos con ganas de saber máis?

- Tes ganas de ver a película?

Distribuir contido


by Dr. Radut