Skip to Content

AVISOS

 


Para calquera incidencia coa apliación Abalarmóbil, non dubidedes en chamar ao colexio ou acudir á dirección para solucionala


 

XESTIÓN DOCUMENTAL NA NUBE

Esta novidade permitirá realizar xestións cotiás en rede e tamén consultar moitos documentos do colexio. Acceder premendo a continuación:

XESTIÓN DOCUMENTAL CEIP SAN TOMÉ

 

Calendario electoral para o Consello Escolar

No arquivo adxunto pódese consultar o calendario electoral para a renovación parcial do consello escolar.

Aquelas familias interesadas en presentar candidaturas, deberán acudir a dirección para cubrir a solicitude correspondente.

Nova web da ANPA Os Olmos

A ANPA Os Olmos ven de actualizar a páxina web, mostrando un novo diseño e coa intención de ofrecer unha información actualizada das actividades que leva a cabo e doutras ofertas intersantes para toda a comunidade educativa. 

Podedes acceder a ela no menú da esquerda desta web, no apartado de familias.

Parabéns pola mellora!

 

LISTAXE DE MATERIAL PARA O CURSO 2022-2023

Nos arquivos adxuntos poden consultarse as listaxes de material para o vindeiro curso.

Libros de texto para o curso 2022/2023

A continuación publicamos a listaxe cos libros de texto para o vindeiro curso:

3º de primaria: 

Ciencias da Natureza 3CZ 

Vincens Vives 

ISBN: 9788468285375

Ciencias Sociais 3CZ

 

Vicens Vives

ISBN: 9788468285337

No resto de cursos non se empregan libros de texto ou forman parte do proxecto EDIXGAL.

 

Gañadores do IV Certame de Podcast O vello dos contos

 

 Estamos de celebración! As nosas nenas e nenos de sexto de primaria veñen de gañar o IV Certame Radiofónico O vello dos contos. Dirixidas/os pola profe Mónica, fixeron un podcast de moita calidade na que mesturan rap e unha entrevista a don Maio Galán. Podedes escoitar o podcast a continuación.
Moitos parabéns!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut