Igualdade

Visita de Elena Vázquez Cendón

Con motivo da conmemoración do 8M recibimos a visita de Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas da USC.

A charla de Elena serviu para visibilizar ás mulleres matemáticas que ao longo da historia foron ninguneadas e non recibiron o recoñecemento polo seu traballo. 

( categories: )

Actividades de Igualdade

O alumnado do Ceip San Tomé participou en varias actividades relacionadas coa Igualdade que levou a cabo APAIOGA. Nelas traballaron valores dun xeito lúdico a través dun Scape Room e Ximcanas, actividades que resultaron altamente interesantes.

Premendo na imaxe podedes acceder a un álbum de fotos das xornadas.

 

 

( categories: )

Charla de Mulleres Salgadas

A asociación Mulleres Salgadas, de Boiro, impartiu una charla ao alumnado de 2º de primaria na que mostraton aspectos do seu traballo no mar, incluídos diferentes aparellos de pesca e marisqueo.

Premendo na imaxe podedes acceder ao álbum desta xornada, na que os valores destas mulleres deixaron moi bo poso entre o alumnado.

( categories: )

8 de marzo de 2022

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Día Internacional da Muller 2022 reivindinca os dereitos das mulleres baixo  o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres. 

A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xénero e ofrecer lugares, e actividades de encontro e empoderamento.

Na publicación elaborada polo Grupo de Traballo " Bibliotecas e Axenda 2030" do Consello de Cooperación Bibliotecaria: " A implicación das bibliotecas españolas na Axenda 2030" apúntase que é tamén destacable o papel das bibliotecas, como institucións de fonte de coñecemento, á hora de acabar coa brecha de xénero, atender á diversidade de xénero, lograr a igualdade e empoderar ás mulleres e as nenas.

As bibliotecas  escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a creación, a busca e tratamento da información ... 

Para máis información Preme aquí

No noso centro festexamos este día tan significativo dialogando e ensalzando a figura da muller na nosa sociedade, e ensalzando a figura da muller na nosa sociedade e en distintos ámbitos, familiar, artístico, científico... Tamén puidemos disfrutar da actuación do grupo Migallas co seu espectáculo " Elas pintan moito" onde reivindicaron o importante papel de catro pintoras no ámbito artístico a nivel internacional.

( categories: )

Día mundial das persoas con discapacidade

Para conmemorar o Día Mundial das persoas con discapacidade fixemos unha xornada de sensibilización en EF.

Consistiu en levar a cabo xogos nos que o alumnado tiña unha limitación.

O resultado, no seguinte vídeo:

 

( categories: )

25 N

As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.

 
 O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atencioón fronte a actitudes larvadas de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos productos audiovisuais), que fixan valores contrarios á igualdade. 
 
 Un curso máis, seguimosnecesitando accións para denunciar a violencia sistemática contra as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra as nenas, mozas e muleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. Dende a ONU alertan de que ademais do impacto COVI-19, hai un evidente aumento da violencia contra as mulleres e as nenas en todo o mundo debido ás crises actuais causadas por desastres naturais e desastres provocados polo home, como conflictos e guerras. 
 
 O 25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e maxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos permitir un paso atrás.
 
 
No noso cole tamén conmemoramos esta data tan importante e necesaria debatendo na aula sobre o tema, reflexionando sobre a realidade actual e realizando un mural onde queda reflectido o rechazo que sentimos cara calquera tipo de violencia.

 

 

 

 
 
( categories: )

Escola de empoderamento feminino "Dolores del Valle"

Dende o concello de Cambados poñen en marcha esta excelente iniciativa que queremos compartir con todas e todos vós. O vídeo merece toda a atención.

( categories: )

SEMANA DA MÚSICA

 O luns 22 de novembro comezamos coa Semana da Música (aínda que vai durar máis dunha semana) e ven cargada de actuacións.

A continuación deixamos os carteis desta semana:

 

 

 

( categories: )

Cancións inclusivas

As nenas e nenos do cole estiveron a ensaiar dúas cancións coa mestra Mónica e o resultado quedou moi chulo.

A edición dos vídeos impregna os mesmos de inclusión e diversidade, vexamos o resultado!

 

( categories: )

Actuación polo Día da Mulller

Enviado por manufelpeto o Sáb, 06/03/2021 - 10:29

Dende a Xanela do Maxín puidemos disfrutar da actuación de Celtia Figueiras representando "U-la Lúa?", un precioso espectáculo de títeres cunha historia na que a Igualdade é a mensaxe final.

A continuación deixamos unha tira de imaxes da actuación.

Álbum: Celebracións -> Día da Muller 2021
( categories: )
Distribuir contido