Plan de alerta escolar                  

 

 

 

      

 

 

 

 

 

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O INICIO DE CURSO

Benqueridas familias

Segundo o Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 do CEIP Plurilingüe Santa Mariña, tod@s @s alumn@s do centro deberán traer a partir do primeiro día de colexio os seguintes materiais:

1. BOTELLA DE AUGA, identificada co seu NOME.

2. UNHA MÁSCARA DE REPOSTO E UN ESTOXO NA QUE GARDALO. Tanto a máscara como o estoxo deberán vir con nome.

3. As merendas deberán vir nun recipiente tipo "tupperware" (NON en bolsa de tea) para que a merenda non estea en contacto con ningunha superficie.

INFORMACIÓN URXENTE

Benqueridas familias,

informámosvos que debido á situación que estamos vivindo, durante este curso académico 20/21, o noso centro NON VAI OFRECER OS SERVIZOS de MADRUGADORES e EXTRAESCOLARES.

Lamentamos profundamente os inconvenientes que isto poida causar.

 

Todas as familias que debido a este cambio non vaian empregar o SERVIZO DE COMEDOR, por favor, antes do venres 4 de setembro deberán comunicalo ao centro.

Grazas e un saúdo.

REUNIÓNS INICIO DO CURSO 2020-2021

Reunións INICIO de CURSO 2020-2021

Benqueridas familias, debido a situacións que estamos a vivir neste novo curso, o Claustro de mestres decidiu facer as reunións de inicio de curso antes de que o alumnado chegue ao cole, para a sí poder explicarvos o protocolo COVID que ímos desenvolver no centro e a organización xeral das titorías.

LUGAR: XIMNASIO

(só 1 familiar por alumn@)

 

Luns 7 de setembro

9:15h familias de alumnado de 4 ANOS

10:30h familias de alumnado 5 ANOS

11:45h familias de alumnado de 1º EP

13:00h familias de alumnado de 2º EP

 

Martes 8 de setembro

 

9:15h familias de alumnado de 3º EP

10:30h familias de alumnado 4º EP

11:45h familias de alumnado de 5º EP

13:00hfamilias de alumnado de6º EP

 

Asd: A directora

Aroa Blanco Lores

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO QUE SOLICITA PRAZA COMEDOR E PENDENTE DE BAREMACIÓN

Debido a existencia dun maior número de prazas solicitadas que vacantes dipoñibles para o comedor escolar no vindeiro curso académico 2020-2021, aquel alumnado que solicitou praza e precisa de baremación (ver listaxe) deberá aportar a documentación xustificativa que corresponda a súa situación familiar. O prazo de entrega da documentación será dende o martes 14 de xullo ata o venres 17 de xullo ás 14:00h. Poderá entregarse de xeito presencial, a través de cita previa, ou a través do correo electrónico: ceip.santamarina@edu.xunta.es escribindo en "asunto" o nome e apelido do alumn@ e DOCUMENTACIÓN BAREMACIÓN COMEDOR.

 

A presidenta do Consello Escolar

 

Aroa Blanco Lores

 

Instrución 2/2020 comedores escolares de xestion indirecta no curso escolar 2020-2021

Distribuir contido