Skip to Content

Camiseta conmemorativa 50 Aniversario

Con motivo do 50 Aniversario do colexio, ponse a venda a camiseta conmemorativa, con diseños realizados polo alumnado.

O prezo da camiseta é de 8 €. As persoas interesadas poden pasar polo Edificio Administrativo do Centro para escoller modelo e talla.

Formas de pago:

  • En efectivo: no mesmo colexio e no momento de anotarte.

  • A través de ingreso na conta Abanca nº ES1720805022183040009568

Poderán recoller as camisetas a partir do día 30 de xuño , no Taller Fichiwichi:

Galería Dos Avenidas, Av. de Vigo, 105, Local 14, 36940 Cangas

Teléfono de contacto: 651 46 58 24

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2023-2024

Estimadas familias. Recordarvos que o prazo para formalizar a matrícula do alumnado con reserva de praza para o curso 2023-2024 estará aberto entre os días 20 E 30 DE XUÑO, ambos incluídos.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

 

    Impreso de matrícula (Anexo III).

 

    Dúas fotografías tamaño carné.

 

    Certificado médico que acredite ausencia de enfermidade e estar ao día no calendario de vacinacións.

 

    Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou do seguro que lle corresponde ao alumno/a.

 

    No caso de separación ou divorcio posterior á solicitude de admisión copia da senteza ou convenio regulador.

Menú do comedor escolar: xuño

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

 

AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2023/2024

 

(Código procedemento ED330B)

 

Está aberto o prazo desde o día 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023 (inclusive)para solicitar:

 

  • Fondo solidario de libros de texto:alumnado matriculado de 3º a 6º de Educación Primaria e ESO. Os/As alumnos/as de 5º e 6º de E. Primaria participan no Proxecto Edixgal, polo que quedan excluídos do fondo solidario ao empregar material dixital.
  • Axudas para adquirir libros de texto:alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Axudas para adquirir material escolar:alumnado matriculado de 1º a 6º Educación Primaria e ESO.

 

Forma de presentación:

Poderase presentar presencialmente na secretaría do centro ou telematicamente a través da aplicación Fondosolidario empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.

IMPORTANTE: Recoméndase que a persoa solicitante sexa a persoa que vaia a recoller o vale de axuda de libros, material escolar ou os libros do fondo solidario. De non ser así para a recollida, haberá que traer unha autorización por escrito da persoa solicitante con fotocopia do DNI da persoa solicitante e da autorizada.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023

Podedes descargar aquí os Anexo I e Anexo II

Non esquezades cubrir e asinar as dúas táboas do Anexo II (son táboas diferentes).

Ante calquera dúbida, podedes chamar á secretaria do centro 886 120 954.

Máis información:

 

  • ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). Enlace
  • Manual de usuario para os cidadáns: enlace

 

 

Becas para o alumnado con necesidade específicas de apoio educativo (NEAE)

Estimadas familias

Desde o 8 de maio de 2023 ata o 20 de setembro de 2023 está aberto o prazo de solicitude das Becas para o alumnado con necesidade específicas de apoio educativo (NEAE) para o vindeiro curso 2023-2024

Aquelas familias que cumpran os requisitos e o desexen poderán realizar a solicitude online na ligazón que se amosa a continuación. 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

Para calquera dúbida consulten a información que se anexa na Resolución da Convocatoria e na Información do Ministerio de Educación. Así mesmo o centro queda a súa disposición sempre que así o precisen.

SOLICITUDE COMEDOR/TRANSPORTE CURSO 2023-24

Estimadas familias. O prazo para solicitar os servizos complementarios de comedor e transporte para o vindeiro curso 2023-2024 estará aberto entre os días 16 e 31 de maio de 2023, ambos incluídos. O alumnado que xa foi usuario durante o presente curso dalgún destes servizos levará a documentación na súa mochila para a renovación dos mesmos de cara ao próximo curso.

 

Para as novas altas deberanse recoller as solicitudes na secretaría do colexio ou ben descargalas a través dos seguintes enlaces.

 

Para calquera dúbida estamos á vosa disposición. Un saúdo. O equipo directivo.

Menú do comedor escolar: maio

ADMISIÓN ALUMNADO 2023-2024

Informamos que todas as solicitudes de admisión presentadas para o vindeiro curso 2023-2024 foron admitidas. Pódense consultar as listas no taboleiro do edificio administrativo do centro. A matrícula deberá ser formalizada entre 20 e 30 de xuño.

Menú do comedor: abril 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut