CEIP San Martiño

 

Fondo solidario de libros de textos e axudas para material

 

Informámoslles que segundo a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 , queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para os seguintes casos:

  • Fondo Solidario de libros de texto: alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. (O alumnado de 5º e 6º de E.P. está excluído no fondo solidario por participar no programa E-dixgal no curso 2022/2023)
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Axudas para material escolar: todo o alumnado de Educación Primaria.

Para facer a solicitude cóntanse con varias posibilidades que son as seguintes:

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, empregando para tal fin os formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).
  • Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal).
  • Opcionalmente, poderanse presentar a solicitude de xeito manual e entregala no centro ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. Non vos esquezades de asinala.

 

HORARIO E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NO CENTRO.

O horario será de 9:35h a 10:20h de luns a xoves e de 13:30h a 14:20h os venres.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (dende o 19 de maio) e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE.

Deberedes de achegar coa solicitude (ANEXO I) a seguinte documentación:

  • Anexo II debidamente firmado por todos os membros computables da unidade familiar. Son membros computables da unidade familiar (a data 31 de decembro de 2020) os seguintes:
  1. a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titora do alumnado.
  2. b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados.
  3. c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  4. d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.
  5. e) A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa cuatodia compartida.
  6. f) A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado. 
  • Copia do libro de familia (se non tivesen habería que entregar o volante ou certificado de convivencia)
  • Para os proxenitores que estean separados, terán que presentar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

OUTRA DOCUMENTACIÓN SE FOSE NECESARIO:

  • Certificado de discapacidade do alumnado ou calquera membro da familia non expedido pola Admon. autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Se tedes algunha dúbida podedes chamar á secretaría do centro en horario de 9:35 a 10:20h (886151541). 

ACLARACIÓNS. Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2020/21. 

REQUISITO IMPRESCINDIBLE PARA A PARTICIPACIÓN.

  • É condición indispensable para participar no Fondo Solidario de libros de texto, devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2021/22. Quedan excluídos desta obriga o alumnado que cursou 1º ou 2º de primaria.
  • Para a devolución dos libros no centro informarase do procedemento a seguir.

 

AdxuntoTamaño
orde do 29 abril de 2022.pdf1.11 MB
anexo I e II fondo libros 2022-23.pdf1.61 MB


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.