Skip to main content

Blog de infantil

RUTINAS MENSUAIS

Posted in

COMO CADA MES, LEVAMOS A CABO A CREACCIÓN DUN CALENDARIO NO QUE PLASMAMOS CADA UN DOS DÍAS DA SEMANA E OS EVENTOS MÁIS RELEVANTES DO MESMO. PORÉN, ALGO QUE APARENTEMENTE PODE PARECER MOI DOADO, SUPÓN PARA NÓS O DOMINIO DA SECUENCIA NUMÉRICA, DOS DÍAS DA SEMANA, DA UBICACIÓN DE CADA UN NO SEU LUGAR CORRESPONDENTE, O TRABALLO COA DIRECCIONALIDADE, A IDENTIFICACIÓN DE EVENTOS IMPORTANTES E A COLOCACIÓN DOS MESMOS NO DÍA EXACTO....CASE NADA!!!

PARA LEVAR A CABO ESTE TRABALLO EMPREGAMOS DIFERENTES ESTRATEXIAS COMO O TRABALLO EN PEQUENOS GRUPOS, EN PARELLAS, O EMPREGO DO CADRANTE DO 100...

IGUALMENTE, DIARIAMENTE NA ASAMBLEA, REALIZAMOS O REXISTRO DO TEMPO METEREOLÓXICO. ASÍ, PASADO O MES, FACEMOS RECONTO E REALIZAMOS UNHA GRÁFICA SINXELA PARA VER CAL FOI O AFORTUNADO GAÑADOR. TODOS OS MESES ESTAMOS DESEXANDO QUE SEXA O SOL, PERO....Indeciso

 

ARTISTEANDO

Posted in

ARTE INVERNAL

SACAR A PASEAR UNHA LIÑA. PAUL KLEE.

Paul Klee inventou unha técnica artística que denominou  "sacar a pasear unha liña" que consistía en, a partir dun punto, levar unha liña por onde a nosa imaxinación nos dixera e, despois, colorear o cadro. Así que, como somos moi osados, puxémonos mans á obra e ó ritmo da música, isto é o que nos saiu.

 

ARTISTEANDO COAS FIGURAS XEOMÉTRICAS.

DESPOIS DA ANÁLISE MINUCIOSA DUN CADRO DE PAUL KLEE BASADO EN FIGURAS XEOMÉTRICAS, DECIDIMOS LEVAR A CABO A NOSA PROPIA REPRESENTACIÓN. ASÍ, IDENTIFICAMOS CADA UNHA DAS FORMAS, ANALIZAMOS AS SÚAS PROPIEDADES, REALIZAMOS AS NOSAS COMPOSICIÓNS ARTÍSTICAS E RECONTAMOS CANTAS FIGURAS EMPREGÁRAMOS DE CADA TIPO.

Día da Paz.

Posted in

APROVEITAMOS O DÍA PARA REFLEXIONAR SOBRE QUE ERA PARA NÓS A PAZ E DECIDIMOS PLASMALO NUN MURAL FEITO EN EQUIPO E TRABALLANDO NO CHAN, COMO A NÓS NOS GUSTA!! Vergoña

 

EN SESIÓNS POSTERIORES, PRANTAMOS SEMENTES POLA PAZ. ASÍ, DESPOIS DE DEBATIR QUE ERA O QUE PRECISÁBAMOS PARA LEVAR A CABO A PRANTACIÓN E CALES OS COIDADOS REQUERIDOS PARA QUE MEDRASEN AS NOSAS SEMENTES, PUXÉMONOS MANS Á OBRA...

"UN NENO/A QUE LEE, É UN ADULTO QUE PENSA"

Posted in

LEÍMOS UNHA GRANDE MOREA DE CONTOS, TANTO NA AULA COMA NA BIBLIO. ERA OBRIGADO COÑECER UN POUCO MÁIS Á FAMOSA NEDIÑA Sorriso

 

     

BINGO

Posted in

UN CLÁSICO NA NOSA AULA!!! PRIMEIRAMENTE, TAN SÓ REALIZAMOS UNHA PEQUENA APROXIMACIÓN Ó XOGO, MOSTRANDO AS LETRAS PARA VER SE AS DO NOSO CARTÓN ERAN IGUAIS OU DIFERENTES (ALGO QEU SERVIU DE AVALIACIÓN INICIAL Á PROFE QUE ACABABA DE CHEGAR). POSTERIORMENTE, O XOGO COMPLICOUSE XA QUE NON TIÑAMOS O APOIO VISUAL DAS GRAFÍAS, TAN SÓ O FONEMA DAS MESMAS. ADEMAIS COÑECIMOS AS REGRAS BÁSICAS DO XOGO E APROVEITAMOS A BERRAR BINGOOOOOOOOOOOOO!!!!! E PARA ALGO QUE PODEMOS BERRAR....Indeciso

                          

PORÉN, O QUE MÁIS NOS GUSTOU DO XOGO, FOI DESCUBRIR AS PROPIEDADES MAGNÉTICAS DAS MOEDAS QUE ESTÁBAMOS EMPREGANDO.

 

 

3 de decembro. Día Internacional das persoas con discapacidade.

Posted in

   O pasado 3 de Decembro, conmemoramos no centro o Día internacional das persoas con discapacidade. Así, reflexionamos sobre o que querían dicir esas palabras algo extrañas para nós, cales eran as dificultades que atoparían diariamente esas persoas e que poderían facer para intentar solucionalas. Por isto, dende o centro, centrámonos na discapacidade visual e comezamos por realizar unha actividade na que experimentaríamos nas nosas carnes que sentía esa xente.

 

E como sería poder escribir e leer?

Así, coñecimos a linguaxe en braille e intentamos recoñecer as letras do noso propio nome. Posteriormente, escribimos (cun pouco de axuda) os nosos nomes en braille. Igualmente, realizamos un xogo en grande grupo para intentar descrifrar dúas palabras que nos escribiu a profe.

 

25- N. Día Internacional contra a violencia de xénero.

Posted in

Un ano máis, o 25 de Novembro, celébrase o Día Internacional contra a violencia de Xénero, un día no que se pretende dar consciencia das desigualdades existentes entre ambos xéneros en pleno Siglo XXI. Igualmente, a violencia de xénero segue sendo unha das principais lacras da nosa sociedade, polo que desde a nosa aula, non quixemos ser indiferentes a este feito. 

No noso caso, traballamos o día a través do conto "De qué cor é un bico?"  de Rocio Bonilla. Así, tras a súa lectura falamos cos nenos/as sobras as impresións e sentimentos que lles xurden.   Igualmente, é un conto que nos permite reflexionar sobre valores como o amor e a amizade. 

Finalmente, aproveitamos para plasmar a nosa idea sobre de que cor debe ser un bico, basándonos para iso na obra de "Lips" de Paul Klee.

                                          

 

 

 

  

COMEZAMOS NOVA ANDAINA

Posted in

Aínda que  no mes de Novembro xa eramos auténticos expertos na dinámica da aula e dos seus espazos, a profe volvía despois dun longo parón, así que decidimos comezar un pouco de cero. Por isto, pasiño a pasiño, creamos entre todos unha nova vida dentro dunha clase onde a dinámica  e funcionamento da mesma xa estaba máis que interiorizada.

NOVOS ESPAZOS

Neste sentido, modificamos a organización da aula, intentando manter aqueles recantos máis demandados, creando outros novos e dándolle unha pequena volta as nosas dinámicas de traballo.

As únicas premisas para utilizalos son: non xuntarnos máis de dous nenos e nenas, non repetir sempre os mesmos recunchos e levar moitas ganas de manipulalo todo. A partir de aquí, cada un emprega os materiais e os espazos como considera oportuno.

     

Recanto TIC 

Onde contamos cunha mesa de luz, unha tablet, ordenador e encerado dixital interactivo.

                                                     

Recanto lóxico - matemático.

Contamos con todo tipo de recursos vinculados a esta área ó mesmo tempo que nos iniciamos na metodoloxía ABN. Esta dinámica permite achegarnos as matemáticas dun xeito moito máis vivencial e manipulativo.

               

Recanto dos artistas

Un lugar onde poñer a probar as nosas habilidades artísticas.

                        


Recanto de lectoescritura

Nel traballamos a lectura e a escritura dunha forma moito máis lúdica.

        

 

Recanto das construccións e minimundos.

Aquí, construímos os nosos pequenos mundos con material non estructurado. GRAZAS FAMILIAS polas vosas aportación

  

Recanto da experimentación.

Creo que este espazo é o favorito dos pequenos/as, un lugar onde explorar todo tipo de materiais e onde intentamos ir cambiando e adaptando o recanto as datas na que nos atopamos.

        

 

Recanto da natureza.

Incluímos na nosa aula elementos naturais como prantas, algunha delas por peticións dos pequenos/as. Así, introducimos tamén rutinas de coidado das mesmas por parte do encargado do día. De momento, estásenos dando MOI BEN!!!!

   

 

NOVAS RUTINAS

Unha vez creados os novos espazos, na hora adicada a traballar por recantos empregamos un rexistro que nos permite saber quen foi a onde en cada día, que zonas xa están cheas e, polo tanto, a onde podemos ir. A simple vista, parece algo sinxelo, pero cando tes 5 anos, ser capaz de ubicarte no día da semana no que estamos, coñecer a perfección as regras de xogo, ubicarte no espazo e nun cadro de dobre entrada, a cousa complícase. Porén, en só cinco días tiñamos a dinámica máis que dominada. SODES UNHAS MÁQUINAS!!!

 

Igualmente, retomamos as nosas visitas á biblioteca do centro para leer contos, pero tamén para traballar e coller en préstamo libros para a fin de semana. Así, os Mércores adicamos unha hora a ir a biblio, leemos un conto seleccionado por eles, analizamos o mesmo e a súa portada, fixándonos moito na ilustración e en todos os seus detalles. Finalmente, trazamos a mesma en papel e escribimos tamén o título do mesmo. 

    

Igualmente, os Venres realizamos os empréstitos para levar a casa. Así, comezamos cun tempo de lectura libre ata escoller o exemplar que máis nos guste. Finalmente, á hora de levalo á casa temos que "chivarlle" a profe os números taaan largos que ten o libro escrito e que lle permite rexistrar o préstamo.

   

 

 RENOVAMOS MATERIAIS.

Dímoslle unha volta a nosa asamblea, engadindo materiais de madeira, así como un calendario Waldorf, que nos mesmos decoramos.

                                  

 

PERSONALIZAMOS O NOSO ESPAZO, FACÉNDOO TOTALMENTE NOSO.

  

PERSONALIZÁMOLO E FAMILIARIZÁMOLO

O noso pequeno remanso de paz!! Coas fotos das súas persoas de referencia, con material de relaxación e con coxíns para estar ben agustiiiito.

                                                            

 

CONTINUARÁ... Risa

XOVES, 11 DE XUÑO DE 2020

Posted in

OLA NENOS E NENAS!!! ÁNIMO QUE XA ESTAMOS CHEGANDO AO FINAL DO CURSO!!! 

PARA HOXE SÓ VOS PROPOÑEMOS UNHA ACTIVIDADE DE CONTEO ATA 10. TEDES QUE CONTAR XOGUETES QUE TEÑADES POLA CASA. e facer a recta numérica

 

FELIZ DÍA A TODOS E TODAS!!!!!

MÉRCORES, 10 DE XUÑO DE 2020

Posted in

OLA NENOS E NENAS!! HOXE IMOS EMPEZAR REAPASANDO OS NÚMEROS ATA DEZ CON ESTE XOGO

 

 

E REMATAMOS CUN XOGO DE LETRAS

 

Distribuir contido