Skip to main content

COMEZAMOS NOVA ANDAINA

Posted in

Aínda que  no mes de Novembro xa eramos auténticos expertos na dinámica da aula e dos seus espazos, a profe volvía despois dun longo parón, así que decidimos comezar un pouco de cero. Por isto, pasiño a pasiño, creamos entre todos unha nova vida dentro dunha clase onde a dinámica  e funcionamento da mesma xa estaba máis que interiorizada.

NOVOS ESPAZOS

Neste sentido, modificamos a organización da aula, intentando manter aqueles recantos máis demandados, creando outros novos e dándolle unha pequena volta as nosas dinámicas de traballo.

As únicas premisas para utilizalos son: non xuntarnos máis de dous nenos e nenas, non repetir sempre os mesmos recunchos e levar moitas ganas de manipulalo todo. A partir de aquí, cada un emprega os materiais e os espazos como considera oportuno.

     

Recanto TIC 

Onde contamos cunha mesa de luz, unha tablet, ordenador e encerado dixital interactivo.

                                                     

Recanto lóxico - matemático.

Contamos con todo tipo de recursos vinculados a esta área ó mesmo tempo que nos iniciamos na metodoloxía ABN. Esta dinámica permite achegarnos as matemáticas dun xeito moito máis vivencial e manipulativo.

               

Recanto dos artistas

Un lugar onde poñer a probar as nosas habilidades artísticas.

                        


Recanto de lectoescritura

Nel traballamos a lectura e a escritura dunha forma moito máis lúdica.

        

 

Recanto das construccións e minimundos.

Aquí, construímos os nosos pequenos mundos con material non estructurado. GRAZAS FAMILIAS polas vosas aportación

  

Recanto da experimentación.

Creo que este espazo é o favorito dos pequenos/as, un lugar onde explorar todo tipo de materiais e onde intentamos ir cambiando e adaptando o recanto as datas na que nos atopamos.

        

 

Recanto da natureza.

Incluímos na nosa aula elementos naturais como prantas, algunha delas por peticións dos pequenos/as. Así, introducimos tamén rutinas de coidado das mesmas por parte do encargado do día. De momento, estásenos dando MOI BEN!!!!

   

 

NOVAS RUTINAS

Unha vez creados os novos espazos, na hora adicada a traballar por recantos empregamos un rexistro que nos permite saber quen foi a onde en cada día, que zonas xa están cheas e, polo tanto, a onde podemos ir. A simple vista, parece algo sinxelo, pero cando tes 5 anos, ser capaz de ubicarte no día da semana no que estamos, coñecer a perfección as regras de xogo, ubicarte no espazo e nun cadro de dobre entrada, a cousa complícase. Porén, en só cinco días tiñamos a dinámica máis que dominada. SODES UNHAS MÁQUINAS!!!

 

Igualmente, retomamos as nosas visitas á biblioteca do centro para leer contos, pero tamén para traballar e coller en préstamo libros para a fin de semana. Así, os Mércores adicamos unha hora a ir a biblio, leemos un conto seleccionado por eles, analizamos o mesmo e a súa portada, fixándonos moito na ilustración e en todos os seus detalles. Finalmente, trazamos a mesma en papel e escribimos tamén o título do mesmo. 

    

Igualmente, os Venres realizamos os empréstitos para levar a casa. Así, comezamos cun tempo de lectura libre ata escoller o exemplar que máis nos guste. Finalmente, á hora de levalo á casa temos que "chivarlle" a profe os números taaan largos que ten o libro escrito e que lle permite rexistrar o préstamo.

   

 

 RENOVAMOS MATERIAIS.

Dímoslle unha volta a nosa asamblea, engadindo materiais de madeira, así como un calendario Waldorf, que nos mesmos decoramos.

                                  

 

PERSONALIZAMOS O NOSO ESPAZO, FACÉNDOO TOTALMENTE NOSO.

  

PERSONALIZÁMOLO E FAMILIARIZÁMOLO

O noso pequeno remanso de paz!! Coas fotos das súas persoas de referencia, con material de relaxación e con coxíns para estar ben agustiiiito.

                                                            

 

CONTINUARÁ... Risa